8M

 Bos días, Berberech@s! Mañá, 8 de marzo, celebramos no noso centro o 8M, día da muller traballadora inaugurando a exposición artística "Medrando en igualdade". 

Todas as familias estades convidadas a ver a exposición. A continuación deixamos o horario de visita.



CLUB DE LECTURA

 Bos días, Berberechos e Berberechas!

Este ano, traemos como novidade a creación dun club de lectura para 5º e 6º de primaria.

O club reunirase os xoves na biblioteca, durante a hora de ler. Preparádevos para comezar esta nova aventura co libro: A AVOA GÁNSTER.

Adiante coas lecturas!



UNIVERSO 1º DE PRIMARIA

Este curso estamos aprendendo unha morea de cousas sobre o Universo, e o alumnado de primeiro de primaria amósanos os seus traballos.

Maqueta co robot Botley sobre o movemento de traslación da Terra arredor do Sol e as catro estacións:


Maqueta sobre a rotación da Terra representando  o día e a noite:



Fixeron unha liña do tempo para situar momentos relevantes na historia do espazo e a carreira espacial:




E despois de buscar información e traballar sobre o planeta Marte, o alumnado de 1º confeccionou os seus disfraces de marcianos para grabar no croma un vídeo que nos ensina como é este planeta.



DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Bos días, Berberech@s!

Hoxe, 23 de febreiro, conmemoramos o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Todos e todas estivemos traballando moito sobre Rosalía e por iso, creamos un díptico informativo onde plasmamos todo o noso traballo.






E como temos o proxecto do universo, o alumnado de 3º e 4º recreou con E-textil a constelación na que se atopa a ESTRELA DE ROSALÍA.



Na clase de música tamén cantamos algunhas musicalizacións de poemas de Rosalía. Aquí podedes escoitalas:

DÍA CONTRA A LGTBI FOBIA NO DEPORTE

 O alumnado de 5º e 6º estivo a traballar sobre visibilización das mulleres trans no deporte, en conmemoración do día contra a LGTBI FOBIA NO DEPORTE. Este foi o seu traballo:





ENTROIDO

 Este ano na Escardia tivemos un Entroido ESPACIAL!

Todos os nenos e nenas do cole disfrazámonos de alieníxenas cada un dun planeta.












Ademais, realizamos nas materias de plástica e matemáticas os obradoiros de creación de disfraces, empregando para iso materiais reciclados, así de ben nos quedaron: 






Ao rematar o desfile xuntas e xuntos cantamos a canción: ESCARDIA ESPACIAL!!