Un espazo cheo de libros e historias para achegarnos a temas como o acoso escolar, o 25N, a igualdade, a diversidade ou a discapacidade.
Porque ler tamén é unha forma de educar na inclusión, no respecto e na igualdade.
O Día 3 de decembro foi o Día Mundial da Discapacidade, ou máis ben, das DIFERENTES CAPACIDADES, polo que vos deixo aquí unhas recomendacións lectoras sobre algúns libros da nosa biblio.
Desfrutádeas!