Mostrando entradas con la etiqueta día dos dereitos da infancia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día dos dereitos da infancia. Mostrar todas las entradas

Recomendacións lectoras para pensar, sentir e transformar

 Novembro chega cargado de datas importantes que nos convidan a reflexionar e actuar: o 20 de novembro, Día Internacional dos Dereitos da Infancia, e o 25N, Día contra a Violencia de Xénero. 

Desde a biblioteca queremos acompañar estas conmemoracións cunha selección de lecturas que inspiran, emocionan e axudan a construír un mundo máis xusto e igualitario.


Durante todo o mes atoparedes un espazo especial con recomendacións para todas as idades: contos e historias que falan de respecto, amizade, liberdade, igualdade e valentía. En definitiva, libros que nos axudan a entender o mundo e tamén a melloralo.

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

 Hoxe, 20 de novembro é o Día internacional dos Dereitos da Infancia. Por iso, propoñemos este pequeno conto para traballalos nas aulas. Se queredes consultalo, está dispoñible na nosa biblioteca.




Tedes tamén este genially para traballar un pouco sobre cada un dos dereitos da infancia: