Mostrando entradas con la etiqueta A nosa biblio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A nosa biblio. Mostrar todas las entradas

ENQUISAS DE BIBLIOTECA

Chega o final doutro curso e dende Bibliosaleta queremos seguir medrando e mellorando cada vez máis, por iso, pedimos a vosa colaboración para cubrir as seguintes enquisas e avaliar a nosa biblioteca e as súas actividades. Clicade no enlace para acceder á enquisa.

📊 Enquisa para o alumnado 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria: https://forms.gle/HUvKDbwwcFAZkwC66

📊Enquisa para o alumnado de infantil e 1º de primaria:  https://forms.gle/3c2CHezeDGqYJYqcA


Agora é o voso turno, familias! O alumnado cubrirá as súas enquisas dende as aulas, pero tamén é importante saber a vosa opinión.

📊Enquisa para as familias: https://forms.gle/6N6u5RFkYxZkq3Ut8

Grazas pola vosa colaboración!

Ssssshh! Grávase 🎙️

Hoxe o alumnado de 5º de Educación Primaria viviu unha auténtica xornada formativa en radio da man de Damián, de Ponte...nas ondas, nunha mañá tan produtiva como divertida.

Ao longo da sesión, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de crear os seus propios guións, poñer en xogo a súa imaxinación e lanzarse ao mundo da comunicación. Non faltaron as risas, os momentos improvisados, as representacións espontáneas nin tampouco algún que outro reporteiro ou reporteira de clase, que soubo dar forma ás súas intervencións dun xeito ameno, motivador e moi entretido.

Foi unha experiencia marabillosa na que o alumnado participou con entusiasmo… e na que as profes tamén puideron pasalo moi ben, sumándose ás actividades e gozando do proceso creativo.

O resultado final desta xornada tan especial son distintos podcasts, froito do traballo en equipo e da ilusión posta en cada actividade, que xa podedes escoitar a continuación.

👉Grazas, Damián, por compartir connosco esta experiencia tan enriquecedora. Agardamos volver a verte pronto ou coincidir de novo nalgún outro proxecto.

🎧 Dádelle ao play e desfrutade do talento do noso alumnado! 🎧

CREAMOS NOVOS RECUNCHOS

 A nosa biblio segue crecendo, e así, creamos novos recunchos como o recuncho de contos de luz negra, ou o de libros de cartoné para prelectores, identificados cunhas etiquetiñas deseñadas no cole e feitas co plotter, axudándonos así dos novo recursos steam.



Ademais, seguimos actualizando os puntos de lectura informal para que o alumnado se sinta cómodo durante o tempo de lectura libre.




NOVIDADES

 Inauguramos na biblioteca un novo recuncho de novidades cun montón de lecturas estupendas para desfrutar neste trimestre. Pasádevos a velas!





VISITA Á NOVA BIBLIOTECA MUNICIPAL

 Este ano, abriu na nosa vila a nova Biblioteca municipal. Con motivo disto, o noso alumnado visitou as súas instalacións, facendo diversas actividades e traballando de novo a CDU, animándose así a facerse socios para asistir no verán.







ENQUISAS DE BIBLIOTECA

 Bo día, berberech@s.

Temos aquí as enquisas da biblioteca deste curso. Nelas poderedes facer unha valoración da nosa biblioteca e aportar as vosas ideas para o vindeiro curso.


https://forms.gle/2G75BoFswNYvuUap8



RECUNCHO DE LECTURAS DIVERSAS

Este ano no cole centralizamos os fondos de biblioteca inclusiva nun novo recunchiño de Lecturas Diversas. Aquí poderedes atopar un montón de lecturas chulísimas: sobre igualdade, diversidade, contos en braille, con pictogramas e moito máis! Identificaredes estes libros pola súa etiqueta violeta realizada coa nova plotter.

A desfrutar das lecturas!







A NOSA CDU

 Traballando a formación de usuario, cada curso de educación infantil e primaria creou o seu propio logo para identificar a CDU. Así de chula quedou:









OBRADOIRO MANGA

 Este curso, a biblioteca escolar está en viñetas! E incorporamos á nosa biblio de centro un xénero moi demandado polo alumnado. Xa temos aquí os nosos mangas!!

E para celebrar o día do cómic, organizamos nos recreos un obradoiro de debuxo manga para os nenos e nenas de educación primaria:

Debuxamos, entintamos, puxemos entramados...pronto veredes os nosos resultados!






SALETA

 Bos días, Berberech@s!

O profe Xermán veu polo noso cole e tróuxonos un estupendo agasallo! Saleta está contentísima!



DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Bo día, Escardiáns da Galaxia!

O pasado 24 de outubro foi o día das Bibliotecas Escolares e para conmemoralo, dende Bibliosaleta fixemos un xogo de pistas co que traballamos a organización da biblioteca e a formación de usuario do noso alumnado.