💜 LECTURAS DIVERSAS: libros para descubrir, aprender e reflexionar 💜
25N. Cociñando o bo trato!
Este curso, para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, puxémonos mans á obra cun reto moi especial.
Cada aula recibiu unha misión: crear unha parte dun gran mural colectivo. O máis divertido foi que ninguén sabía o que estaban a facer as demais clases nin como sería o resultado final. Había moita intriga! Sería un debuxo? Unha mensaxe? Un collage?
Pouco a pouco fomos xuntando todas as pezas, coma se se tratase dun enorme crebacabezas. E cando por fin o montamos... sorpresa! Entre todas e todos crearamos un mural precioso. Unha mostra de que, aínda que cada persoa achegue unha pequena parte, cando traballamos en equipo conseguimos cousas marabillosas.
Pero a actividade non rematou aí. Como bos cociñeiros e cociñeiras do Bo Trato, cada aula elaborou a súa propia receita. E que ingredientes descubrimos que son imprescindibles? Unha cunca chea de respecto, dúas culleradas de empatía, un bo chisco de igualdade, moita escoita, varias pingas de amizade e unha morea de ganas de axudar aos demais. Mesturámolo todo con cariño e... xa temos a receita perfecta para convivir mellor!
Ao longo da actividade tamén reflexionamos sobre algo moi importante: construír un cole libre de violencia machista é unha tarefa de todos os días. Facémolo cando respectamos aos demais, cando coidamos as nosas palabras, cando axudamos a quen o necesita e cando aprendemos a convivir en igualdade.
Recomendacións lectoras para pensar, sentir e transformar
Novembro chega cargado de datas importantes que nos convidan a reflexionar e actuar: o 20 de novembro, Día Internacional dos Dereitos da Infancia, e o 25N, Día contra a Violencia de Xénero.
Desde a biblioteca queremos acompañar estas conmemoracións cunha selección de lecturas que inspiran, emocionan e axudan a construír un mundo máis xusto e igualitario.
Durante todo o mes atoparedes un espazo especial con recomendacións para todas as idades: contos e historias que falan de respecto, amizade, liberdade, igualdade e valentía. En definitiva, libros que nos axudan a entender o mundo e tamén a melloralo.
25 N
Hoxe, 25 de novembro conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO dándolle visibilidade á realidade educativa que viven as nenas en diferentes lugares do mundo. Así pois, o noso alumnado investigou e creou diferentes podcast nos que nos explican estas realidades do mundo.
Dende bibliosaleta, tamén queremos recomendar as lecturas violetas, para traballar o 25N, dispoñibles xa na biblioteca!
PLANETA VIOLETA 25N
Os nosos planetas violetas xa están nos comercios de Vilagarcía!
Nós somos parte do planeta violeta. E ti?
25 N PLANETA VIOLETA
Bos días, Escardiáns da Galaxia!
En conmemoración do 25N, o alumnado colgou a súa estrela con desexos para formar un mundo de igualdade, creando así o PLANETA VIOLETA.
LECTURAS 25N
OS MONSTROS GRANDES NON CHORAN:
A Monstruo Pequeño todo lle sae xenial. En cambio, Monstruo Grande é tremendamente patoso. Monstruo Grande ponse cada vez máis triste, pero que pode facer? Todo o mundo sabe que os smonstros grandes non choran.
ORELLAS DE BOLBORETA:
Este conto, que tanto nos gusta, dota a infancia de recursos para xestionar comentarios que poden ser ferintes acerca de nós mesmas. Mara, a súa protagonista, atopa inxeniosas formas de darlles a volta e de mostrar ao mundo como é ela, potenciando o valor da autoestima para previr este tipo de violencia.
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Bos días!
Hoxe é o 25 de novembro, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Con motivo desta conmemoración temos preparadas unha chea de actividades chulísimas pero, a primeira de todas, é o vídeo que nos invita a poñernos as gafas violetas para ver o mundo doutra cor con máis perspectiva. Esperamos que vos guste!
CONTACONTOS POLA IGUALDADE
Esta semana, preparándonos para o 25N as nenas de sexto realizaron uns contacontos sobre igualdade de xénero para os máis pequenos do cole, achegándonos así, un pouquiño máis a conseguir o obxectivo 5 da Axenda 20-30:
E para ler máis contos sobre este tema, déixovos unhas recomendacións lectoras fabulosas. Desfrutádeas!
25 N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Bos días a todos e a todas!
Hoxe conmemoramos no noso cole o Día contra a violencia de xénero, por iso traio unhas recomendacións lectoras axeitadas para este día.
Moi pronto veredes tamén as cousas tan chulas que fixemos!

.jpeg)











.jpeg)
.jpeg)












.jpeg)
.jpeg)




