Mostrando entradas con la etiqueta AMI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AMI. Mostrar todas las entradas

Unha viaxe fascinante polas Illas Atlánticas de Galicia!

Ao longo deste curso, o alumnado de 4º embarcouse nunha apaixonante aventura de investigación para descubrir todos os segredos do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Durante meses convertéronse en auténticos investigadores e investigadoras, explorando as características de cada unha das illas, descubrindo os animais que as habitan, coñecendo curiosidades sorprendentes, localizando os seus lugares máis emblemáticos e recompilando moita información interesante sobre este espazo natural tan especial.

Todo este traballo de investigación serviu de base para a realización dun proxecto final espectacular: a creación, en pequenos grupos, de marabillosas maquetas das diferentes illas. Cada equipo esforzouse ao máximo para representar cada recuncho co maior realismo posible, coidando cada detalle e demostrando unha gran creatividade.

As maquetas están acompañadas dun completo labbook, no que recolleron toda a información investigada ao longo do curso: a localización de cada illa, datos relevantes, lugares de interese, características destacadas e moitos outros aspectos que permiten coñecer mellor este tesouro natural galego.

Pero, sen dúbida, o máis importante deste proxecto non foi só o resultado final. O verdadeiro éxito estivo no proceso: aprender a traballar en equipo, escoitar as ideas dos compañeiros e compañeiras, poñerse de acordo, chegar a consensos, repartir tarefas e colaborar para conseguir un obxectivo común. E nisto tamén demostraron facer un traballo extraordinario.

Parabéns polo gran traballo realizado!

SEMANA DA PRENSA

 Este ano, durante a SEMANA DA PRENSA creamos o recuncho de noticias polo mundo, cunha exposición de xornais de diferentes países. Achegádevos a velo!







RETOS DE INVESTIGACIÓN

 Bos días, berberech@s!

Xa temos o novo reto de para investigar en familia neste mes de decembro. Enviade as vosas investigacións a través dunha foto ou video ao correo ardora.escardia@gmail.com para incorporalas ao blog Bibliosaleta cada mes e desbloquear un novo reto!


INVESTIGAMOS EN FAMILIA

Bos días, Escardiáns da Galaxia!

Dende a biblioteca queremos iniciar ao noso alumnado na búsqueda e tratamento da información para adquirir pouco a pouco as competencias ALFIN e AMI sobre a búsqueda e uso da información, tan demandadas hoxe en día.

Por iso, dentro do proxecto do universo, Escardiáns da Galaxia, queremos propoñervos un reto de investigación cada mes para investigar en familia. Teremos un apartado no noso blog onde iremos subindo todas as vosas investigacións.

Arrincamos agora co reto deste mes de novembro. Adiante!

TITORIAL ELBE.2. PLATAFORMA DE LECTURA DIXITAL

 Comezamos este trimestre cunha novidade na biblioteca. Xa temos lista a plataforma de lectura dixital ELBE.2. 

Cada alumno/a recibirá un carnet co seu usuario e contrasinal co que poderá acceder á plataforma e realizar o préstamo de libros dixitais. 

Deixámosvos un pequeno titorial realizado polo alumnado de 6º de primaria, así como o enlace as instrucións aportadas pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, para consultar calquera dúbida, xa que se trata dun recurso de lectura inclusivo, do que podemos disfrutar, alumnado, profesorado e familias.


 INSTRUCIÓNS: https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1615

Adiante coas lecturas!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Hoxe temos unha novidade no blog da biblioteca.

A partir de agora, na parte esquerda atoparedes esta imaxe:

Clicando nela poderedes engadir un novo posit e poñer algunha recomendación lectora ou unha reseña dalgún libro que vos gustase e queirades compartir con todos.

Non olvidedes escribir ao final o voso nome e curso.



CDU

Agora que estamos ordenando a biblioteca, precisamos que cada libro esté identificado. Por iso, cada clase está a debuxar o seu propio logo da CDU. 
Mirade que chulos quedan!




BUSCADOR DE LIBROS

 Bos días a tod@s @s usuari@s da biblioteca do CEIP A Escardia.

Temos como novidade, no noso blog, un buscador de libros para que dende calquera sitio poidades consultar o catálogo da nosa biblioteca.

Recordade que se non hai o libro que andades buscando, sempre o podedes anotar na caixa de suxestións.

XORNAL O PAPAGAIO

 E falando de diferentes lecturas...

chega á nosa biblio o Xornal Papagaio! Pois a lectura informativa ou de lecer nos xornais tamén é moi importante. Por iso, dende a nosa biblioteca queremos formar aos nosos usuarios e usuarias na lectura xornalística, así que as hora de lectura dos XOVES serán con X de XORNAIS.


Incluimos tamén no blog un enlace para que poidades consultar as publicacións do xornal en liña, accedendo dende o menú LOGIN e introducindo sempre os vosos datos identificativos (usuario e contrasinal).



DÍA DE ROSALÍA

 Bos días, Berberech@s!

Onte, 23 de febreiro foi o Día de ROSALÍA DE CASTRO, e dende o equipo de dinamización da lingua galega e o de biblioteca, preparamos unha actividade moi chula. Despois de moito traballo e a colaboración de todos e todas, creamos este mural con versos de Rosalía, onde cada clase depositou o seu vaso de zume de poesía, cos versos dos poemas traballados, pois despois de traballar a alimentación saudable, xa coñecemos a importancia de hidratarse correctamente e tomar froita a miúdo. Ademais, incluimos uns códigos QR (unha linguaxe coa que estamos cada vez máis familiarizados e da que tamén debemos facer lectura) cos que poderemos escoitar os poemas.


Déixovos tamén a selección de libros de Rosalía que temos na biblioteca!