As lecturas sobre rodas seguen viaxando de clase en clase, levando os contos de seguridade vial a todo o alumnado. Así desfrutamos as lecturas na hora de ler: Construindo cidades, investigando sobre as diferentes sinais, e moito máis...
LECTURAS SOBRE RODAS
MALETA INCLUSIVA
O día 2 de maio é o DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR e, para concienciar a todo o noso alumnado, creamos, coa axuda d@s axudantes de biblioteca de 6º, esta maleta inclusiva, cunha morea de contos para que poida viaxar polas clases promovendo a diversidade e todas esas diferenzas que nos fan únic@s.
NOVEMBRO MES DA CIENCIA
Xa chega novembro, o mes da CIENCIA, e por iso, o reto lector deste mes tamén terá esa temática. Ademais, os nosos encargados de biblio levaron ás clases dúas maletas que elaboramos
con libros de ciencias como recurso da biblioteca, para que todos e todas poidades traballar a ciencia nas vosas aulas.
Estas maletas teñen libros de astronomía, de bioloxía, de zooloxía e botánica, de matemáticas, de física e química, de inventos, etc. e ademais, libros sobre a saúde, o tema do noso proxecto deste ano.
Seguro que aprenderedes un montón de cousas coas maletas de ciencias e por iso, convidámosvos a facer un experimento para a nosa FEIRA CIENTÍFICA.
.jpeg)







