Recomendacións lectoras para o verán
📖 E ti, de que libro namoraches? 📖
Cada 23 de abril celebramos o Día do Libro, unha data que nos lembra o poder de algo tan sinxelo coma un libro. Libros que nos acompañan, que nos fan pensar, rir ou emocionarnos, e que forman parte do noso día a día máis do que ás veces parece.
A lectura segue a ser unha ferramenta clave para medrar, para entender o mundo e tamén para gozar do tempo dun xeito diferente.
Nas bibliotecas escolares, este día é especialmente importante e ten un valor moi particular. Non é só unha celebración, senón unha oportunidade para crear comunidade arredor da lectura, para compartir historias e para descubrir que detrás de cada libro hai unha experiencia única esperando a ser contada.
Este ano quixemos facelo dun xeito distinto, propoñendo un reto con nome propio: “E ti, de que libro namoraches?”. A idea era clara: invitar ao alumnado e ás súas familias a escoller ese libro en galego que lles deixou pegada e contar por que.
O resultado é unha colección de pequenas recomendacións nas que o alumnado, acompañado das súas familias, comparte ese libro do que namorou; sen artificios e con naturalidade.
Agora tócache a ti descubrilo.
Reto polo Día do Libro: "E TI, DE QUE LIBRO NAMORACHES?"
Con motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril, queremos convidarvos a participar nun reto moi especial titulado: “E ti, de que libro namoraches?”.
A proposta consiste en crear un pequeno vídeo en familia no que compartades unha breve valoración do voso libro en galego favorito: que vos fixo sentir?, por que o recomendariades?, que o fai especial para vós?...
Trátase dunha oportunidade fantástica para fomentar o gusto pola lectura en familia e poñer en valor a nosa lingua dun xeito creativo e significativo.
Animámosvos a participar con ilusión, facendo deste proxecto unha experiencia compartida e enriquecedora para todas e todos.
Os vídeos deberán enviarse ao correo electrónico: ardora.escardia@gmail.com
A data límite de entrega é o venres, 24 de abril.
Agardamos contar coa vosa participación para encher o noso cole de historias, emocións e recomendacións lectoras!
ENQUISA DE BIBLIOTECA PARA FAMILIAS
Queridas familias, cada vez queda menos para rematar este curso e dende o equipo de biblisaleta, animámosvos a cubrir esta enquisa para avaliar a nosa biblioteca, axudándonos a mellorar así un pouquiño cada ano.
Grazas pola vosa colaboración!
O equipo de biblioteca.
DÍA DO LIBRO EN FAMILIA
Xa temos todas as recreacións de portadas das familias que participaron nesta actividade en conmemoración polo Día do Libro. Esperamos que vos gusten e que o pasedes tan ben véndoas como eles recreándoas!
.jpg)