Mostrando entradas con la etiqueta día do cómic. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día do cómic. Mostrar todas las entradas

📚✨ Abril en viñetas! ✨📚

Este mes de abril, as nosas recomendacións lectoras mergúllanse de cheo no apaixonante mundo da banda deseñada, un xénero que nos invita a ler dun xeito diferente e moi divertido.

📖 Ademais, a banda deseñada convértese tamén no reto mensual de abril dentro do noso Reto lector!

As historias en cómic son moito máis que debuxos: son aventuras cheas de emoción, humor e imaxinación, onde cada viñeta conta algo especial. Por iso, propoñémosvos convertervos en auténticos expertos lectores deste xénero, prestando atención á orde das viñetas, aos diálogos e aos pequenos detalles que fan que cada historia cobre vida.

No recuncho de recomendacións lectoras atoparedes algúns dos recursos e propostas que temos preparados para vós: cómics divertidos e recomendacións feitas polos voluntarios e voluntarias de biblioteca. 

Animádevos a mergullarvos neste universo de cores e aventuras. Quen sabe! Quizais o próximo gran cómic saia da vosa imaxinación!

Chega a "Carpeta das Letras"!

Durante o mes de marzo, a Carpeta das Letras, unha proposta que pretende traballar distintas tipoloxías textuais e xéneros literarios como o cómic, a narrativa, a poesía, o teatro ou a prensa, viaxou polas aulas de Infantil e Primaria, enchéndoas de palabras, xogos e imaxinación.

Foi unha experiencia dinámica e motivadora na que o alumnado puido explorar distintas formas de expresión, dun xeito lúdico e participativo, facendo da lingua unha ferramenta para crear, compartir e gozar.

As aulas convertéronse en espazos vivos, cheos de historias e ideas que ían medrando co paso da carpeta.

Ademais, esta iniciativa coincidiu coa conmemoración da poesía e do cómic, facendo de marzo un mes moi especial para celebrar a palabra e a creatividade.

RETO LECTOR

 Boas Berberech@s!

Chega o mes de abril cun novo reto para completar o noso reto lector. Toca ler CÓMIC!! Tedes na biblioteca unha morea de libros de banda deseñada para desfrutar deles. Adiante coas lecturas!!



POESÍA, NARRATIVA, NOTICIAS, CÓMIC E TEATRO

 Nestes meses temos diferentes conmemoracións referentes a varios xéneros como é o día da POESÍA, o día do TEATRO, o día do CÓMIC, o día do LIBRO INFANTIL E XUVENIL, semana da PRENSA, etc. 

Por iso, o equipo da biblioteca preparou un ano máis, unha serie de actividades relacionadas con estes xéneros que pasarán polas clases para que todo o alumnado poda traballar sobre estes xéneros dunha forma lúdica e creativa, creando así pouco a pouco o noso banco de recursos de linguas. 






O alumnado de terceiro de primaria, tamén nos deixou en RadioSaleta esta chulada de podcast: " A volta ao mundo en verso".