Creatividade ao máis puro estilo Tim Burton! 🎃
BIBLIOTECA CREATIVA: Ilustracións ao estilo Tim Burton!
Durante estes días, a biblioteca encheuse de imaxinación co Obradoiro de ilustración inspirado no universo de Tim Burton.
O alumnado fixo un traballo fantástico! As súas creacións sorpréndennos pola súa orixinalidade, creatividade e atención aos detalles.
Parabéns, berberech@s!
Aquí vos deixamos algunhas fotografías das súas marabillosas creacións.
Que artistas temos na biblioteca!
🦇 OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN AO ESTILO TIM BURTON
Obradoiro de ilustración con Anxo Fariña!
Vivimos
unha xornada moi especial no noso colexio coa visita do escritor e ilustrador
galego Anxo Fariña, autor de moitos dos libros que podemos atopar na nosa
biblioteca e que tanto gustan ao noso alumnado.
O
alumnado participante no Club de Lectura de 5º e 6º tivo a sorte de compartir
con el unha actividade moi divertida e creativa. Durante o encontro, Anxo
falounos do seu traballo como escritor e ilustrador, explicándonos como nacen
as historias, como crea as súas personaxes e de onde saca as ideas para os seus
libros. Ademais, transmitiunos a importancia da imaxinación, da lectura e de
atreverse sempre a crear.
E, como non podía ser doutro xeito… realizamos un "Obradoiro de ilustración" no
que os nenos e nenas puideron poñer a proba as súas habilidades artísticas.
Entre
lapis, rotuladores e moita creatividade, foron aprendendo trucos e técnicas
para debuxar personaxes expresivos e orixinais.
O
alumnado participou con moitísimo entusiasmo, compartindo
ideas e desfrutando dunha experiencia moi enriquecedora.
Anxo
Fariña mostrouse en todo momento moi cercano, amable e ameno, conseguindo crear
un ambiente moi divertido no que non faltaron momentos sorprendentes.
Sen
dúbida, foi unha actividade moi especial que nos deixou grandes aprendizaxes e,
sobre todo, moitas ganas de seguir lendo e creando.
Para
rematar a visita, quixemos entregarlle un pequeno agasallo como recordo do seu
paso polo noso cole e para que non se esqueza de nós. Aínda así, esperamos que
sexa el quen teña que volver para seguir compartindo connosco a súa
creatividade e o seu talento.
Moitas
grazas, Anxo, por dedicarnos parte da túa xornada e por facernos vivir unha
experiencia tan bonita. Agardamos verte de novo moi pronto!
Ler para todas e todos: celebramos o Día do Libro con inclusión e emoción
Con motivo da conmemoración do Día do Libro, tivemos a sorte de participar nunha fermosa iniciativa promovida polo Centro de Educación Especial (CEE) da nosa zona, que nos convidou a compartir lecturas empregando diferentes formas de comunicación.
Nesta ocasión, o alumnado de 1º de Primaria preparou con moitísima ilusión e cariño unha lectura teatralizada, acompañada de linguaxe signada, demostrando todo o seu esforzo, implicación e entusiasmo. A obra escollida foi De que cor é un bico? de Rocío Bonilla.
O resultado foi simplemente xenial: unha actividade moi vistosa, emocionante e chea de sensibilidade, na que o noso alumnado puxo todo o empeño para facer chegar a lectura a todas as persoas.
Este tipo de experiencias lembran a importancia da lectura e da diversidade nos seus múltiples xeitos de expresión, favorecendo que todas as persoas poidan acceder ás historias e á cultura independentemente das súas características.
Parabéns ao alumnado de primeiro polo ben que o fixeron e por agasallarnos cunha actividade tan especial!
Biblioteca creativa. Ana Miguéns achega arte e tradición ao noso cole.
Para pechar o Mes das Artes Galegas neste abril, recibimos con moita ilusión a visita de Ana Miguéns, artista vilagarciá e referente na divulgación da cultura galega a través da súa xoiería artesanal.
Da súa man, o alumnado de Infantil e Primaria participou en varios obradoiros nos que arte, tradición e identidade galega se deron a man.
Durante a actividade, cada neno e nena elaborou un colgante con motivo galego, decorándoo con distintos produtos agrícolas e exaltando así o valor do noso rural e das nosas raíces.
Foi unha experiencia moi especial na que o alumnado participou con gran entusiasmo, desfrutando de cada paso do proceso creativo e implicándose ao máximo na elaboración das súas xoias. Con destreza e moita ilusión, puxeron en práctica todas as súas habilidades artísticas para crear pezas únicas e verdadeiramente sorprendentes.
O resultado foi algo tan bonito e espectacular como o que podedes ver:
Reto polo Día do Libro: "E TI, DE QUE LIBRO NAMORACHES?"
Con motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril, queremos convidarvos a participar nun reto moi especial titulado: “E ti, de que libro namoraches?”.
A proposta consiste en crear un pequeno vídeo en familia no que compartades unha breve valoración do voso libro en galego favorito: que vos fixo sentir?, por que o recomendariades?, que o fai especial para vós?...
Trátase dunha oportunidade fantástica para fomentar o gusto pola lectura en familia e poñer en valor a nosa lingua dun xeito creativo e significativo.
Animámosvos a participar con ilusión, facendo deste proxecto unha experiencia compartida e enriquecedora para todas e todos.
Os vídeos deberán enviarse ao correo electrónico: ardora.escardia@gmail.com
A data límite de entrega é o venres, 24 de abril.
Agardamos contar coa vosa participación para encher o noso cole de historias, emocións e recomendacións lectoras!
Chega a "Carpeta das Letras"!
Durante o mes de marzo, a Carpeta das Letras, unha proposta que pretende traballar distintas tipoloxías textuais e xéneros literarios como o cómic, a narrativa, a poesía, o teatro ou a prensa, viaxou polas aulas de Infantil e Primaria, enchéndoas de palabras, xogos e imaxinación.
Foi unha experiencia dinámica e motivadora na que o alumnado puido explorar distintas formas de expresión, dun xeito lúdico e participativo, facendo da lingua unha ferramenta para crear, compartir e gozar.
As aulas convertéronse en espazos vivos, cheos de historias e ideas que ían medrando co paso da carpeta.
Ademais, esta iniciativa coincidiu coa conmemoración da poesía e do cómic, facendo de marzo un mes moi especial para celebrar a palabra e a creatividade.
🎭 Entroido na biblioteca co "Obradoiro de antifaces" 🎭
Coa chegada do Entroido, a biblioteca transfórmase nun espazo de creatividade e imaxinación. Hoxe puxemos en marcha o “Obradoiro de antifaces”, que foi acollido con moito entusiasmo por parte do alumnado… e non nos estraña nada! 😄
No
obradoiro, cada nena e neno pode experimentar, probar, combinar cores, texturas
e materiais, deixando voar a imaxinación para crear o seu propio antifaz, único
e persoal. A biblioteca énchese de purpurina, papeis de cores, plumas, brillos
e, sobre todo, de ganas de pasalo ben.
O
resultado? Antifaces moi chulos, orixinais e cheos de personalidade, que
reflicten a creatividade do noso alumnado. Pero o mellor de todo foi o
ambiente: risas, complicidade e diversión, demostrando que aprender e crear
tamén pode ser unha festa.
Este
obradoiro, convértese nun espazo para compartir, desfrutar e vivir o Entroido
dun xeito diferente, facendo da biblioteca un lugar vivo, aberto e cheo de
posibilidades.
🔦📖 Libros que brillan na escuridade 📖🔦
Hoxe vivimos unha experiencia moi especial: a lectura de libros de luz negra. Apagamos as luces, collemos as lanternas… e comezou a maxia! O alumnado iluminaba o texto, as ilustracións e os detalles agochados nas páxinas, descubrindo que os libros tamén poden sorprendernos doutras maneiras.
As lanternas convertéronse nas nosas mellores aliadas para ler, buscar palabras, observar imaxes e deixarnos levar polas historias. A lectura transformouse nun xogo, nun momento cheo de curiosidade, risas e emocións, no que todos e todas participaron con moitas ganas.
Sen dúbida, foi unha experiencia iluminadora en todos os sentidos!
Maxia na biblioteca tras a visita dos Reis Magos!
Esta mañá atopamos pegadas de maxia na biblioteca e non foi imaxinación nosa!
Os Reis Magos pasáronse por ela e deixaron agasallos moi especiais para todas e todos: novos libros, sorpresas e moitas historias por descubrir. Deixaron a biblioteca chea de novas posibilidades para crear, investigar e soñar.
Agardan por ti libros e lanternas de luz negra para descubrir mensaxes ocultas, filamento para os lapis 3D para dar forma á imaxinación e novos volumes dalgunhas das nosas coleccións favoritas que xa están desexando ser lidas.
É o momento perfecto para explorar, experimentar e deixar voar a creatividade.
Achégate, proba, le, crea e xoga. A maxia continúa cada día na biblioteca.
Agardámoste!
Os recreos tamén se viven na biblioteca!
En Bibliosaleta, os períodos de lecer son moito máis que tempo libre, son momentos para xogar, crear e compartir.
Nela hay LEGOS, DUPLO, obradoiros, xogos de mesa, de expresión e dramatización,, de pensamento computacional, costura, construción… e moitas ganas de pasalo ben.
Aquí o alumnado dá renda solta á imaxinación, aprende a traballar en equipo e descobre todos os beneficios do xogo dun xeito natural e divertido.
Achégate, participa e desfruta!
A maxia do Nadal xa está aquí! 🎄
Coa chegada do Nadal, o cole encheuse de luz, ilusión e moita creatividade. Estas semanas foron moi especiais, cheas de momentos compartidos, aprendizaxes e, sobre todo, moitas actividades.
A imaxinación voou alto coa creación de figuras sorprendentes cos KAPLA: renos, copos e bonecos de neve e construcións cheas de enxeño que demostraron que cando se xoga, tamén se aprende.
Entre risas e soños, chegou o momento de coller papel e lapis para redactar as cartas a Papá Noel, cheas de bos desexos, ilusións e algún que outro segredo moi ben gardado.
O espírito do Nadal tamén se sentiu na cociña. Compartimos receitas tradicionais con moito agarimo coa residencia de anciáns, creando unha ponte interxeracional que encheu de calor estas datas tan especiais. Porque o Nadal sabe mellor cando se comparte.
Non faltou tampouco a decoración: portas transformadas en auténticas obras de arte, bolas únicas para a árbore de Nadal e espazos cheos de cor, brillo e alegría. Ademais, puxemos a proba a nosa creatividade coa elaboración de postais iluminadas, que brillaron tanto como os ollos das nenas e dos nenos ao velas rematadas.
E isto é só unha pequena mostra! Houbo moitas máis actividades, xogos, sorpresas e momentos inesquecibles que fixeron deste Nadal unha experiencia máxica.
Bo Nadal!
Comeza o "Obradoiro Manga"!
Deseñar personaxes manga dende cero.
Xogar coas expresións faciais.
Dar vida ás súas creacións con cor, personalidade e moita imaxinación.Creatividade a toda cor na biblioteca!
Hoxe a biblioteca volveu converterse nun pequeno laboratorio de maxia e imaxinación. Durante a hora de lecer, o alumnado lanzouse de cabeza a un dos retos máis apaixonante: crear e construír coas pezas de LEGO.
O resultado? Unha auténtica marabilla! Pero o máis bonito de todo foi ver como traballaron en equipo, compartindo ideas e apoiándose.
Porque cando se xunta creatividade, compañeirismo, un montón de ideas e pezas de cores só pode saír algo xenial!
Non hai dúbida! O alumnado da Escardia ten un talento enorme para a construción, unha imaxinación sen límites e moitas ganas de crear.
Seguiremos construíndo momentos así, peza a peza!
Mes da Ciencia. Pequen@s grandes xeni@s en acción!
Este mes deulle moito xeito científico aos corredores do cole. Entre cables, robots en movemento, luces que se acendían e programas feitos con auténtica precisión profesional, o alumnado converteuse un ano máis nos verdadeiros e verdadeiras protagonistas.
Durante o Mes da Ciencia, cada aula preparou un proxecto para compartir co resto dos cursos. E vaia se sorprenderon! Houbo demostracións cheas de enxeño, explicacións brillantes, ideas disparatadamente boas e moitas ganas de comunicar. Porque a ciencia non é só investigar, tamén é saber contar o que fas, espertar curiosidade e invitar a que outras persoas experimenten.
Nestas semanas demos conta de que o noso alumnado non só aprende contidos:
-
Resolve problemas coma quen resolve quebracabezas.
-
Pensa, investiga, proba, erra, volve probar… Ciencia en estado puro!
-
Colabora e crea en equipo, compartindo ideas e mellorando as dos demais.
-
Comunica con claridade e ata cun toque científico.
Si, sen dúbida: son auténticos científicos e científicas, cunha curiosidade que ilumina máis que calquera circuíto eléctrico.
Os proxectos? Velaquí os tedes!
Obradoiro de papiroflexia na biblio! ✂️
Hoxe, durante o tempo de lecer, a nosa biblioteca encheuse de cores, risas e follas de papel!
Comezamos o obradoiro de papiroflexia, unha actividade moi especial coa que queremos celebrar o Día da Papiroflexia e o Origami, que se conmemora o 11 de novembro.
Durante este ratito o alumnado tivo a oportunidade de dar renda solta á súa creatividade, facendo todo tipo de figuras: simpáticos coellos, gatiños cariñosos... E ata algún que outro cangrexo saltarín!
Foi un momento perfecto para compartir ideas e descubrir o pracer de crear só coas mans e un simple anaco de papel.
Se aínda non te achegaches., anímate a participar nos próximos días! Seguro que o pasas en grande, e quen sabe., igual acabas facendo a túa propia colección de papel!
AXUDANTES DE BIBLIOTECA
Chega o final de curso e os axudantes de biblioteca teñen un fantástico obradoiro de creación de bolsas como agasallo pola súa labor na biblioteca ao longo deste curso.
OBRADOIRO DE LETTERING
Xa temos na nosa biblioteca o obradoiro de Lettering! Animádevos nos recreos a participar nesta actividade tan chula coa que poderedes personalizar toda a vosa cartelería.









.jpeg)



.jpeg)
