Mes da Ciencia. Pequen@s grandes xeni@s en acción!

Este mes deulle moito xeito científico aos corredores do cole. Entre cables, robots en movemento, luces que se acendían e programas feitos con auténtica precisión profesional, o alumnado converteuse un ano máis nos verdadeiros e verdadeiras protagonistas.

Durante o Mes da Ciencia, cada aula preparou un proxecto para compartir co resto dos cursos. E vaia se sorprenderon! Houbo demostracións cheas de enxeño, explicacións brillantes, ideas disparatadamente boas e moitas ganas de comunicar. Porque a ciencia non é só investigar, tamén é saber contar o que fas, espertar curiosidade e invitar a que outras persoas experimenten.

Nestas semanas demos conta de que o noso alumnado non só aprende contidos:

  • Resolve problemas coma quen resolve quebracabezas.

  • Pensa, investiga, proba, erra, volve probar… Ciencia en estado puro!

  • Colabora e crea en equipo, compartindo ideas e mellorando as dos demais.

  • Comunica con claridade e ata cun toque científico.

Si, sen dúbida: son auténticos científicos e científicas, cunha curiosidade que ilumina máis que calquera circuíto eléctrico.

Os proxectos? Velaquí os tedes!


4º de Educación Infantil. 
Xogo de adiviñas de outono co Tecla-tecla e busca do froito coa Beebot.

5º de Educación Infantil
Coñecendo a contorna a bordo do Intelino.

6º de Educación Infantil
Xogo de pistas de seres mitolóxixos co Earl.

1º e 2º de de Educación Primaria
Maqueta interactiva co Tecla-tecla para coñecer o proceso do millo.

Maqueta interactiva co Tecla-tecla para coñecer algúns dos seres mitolóxicos galegos.


3º de de Educación Primaria
Faro programable con Crumble para orientar aos barcos da nosa ría.

4º de de Educación Primaria
Circuíto e-textil para coñecer o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

 
5º e 6º de de Educación Primaria
Coñecendo oficios tradicionais galegos a través dun xogo tipo conecta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario