Mostrando entradas con la etiqueta booktubers. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta booktubers. Mostrar todas las entradas

Un booktrailer para mergullarnos no mar das microalgas!

O alumnado do Club de Lectura crea un booktrailer moi especial sobre a obra traballada, Microalgas. O mar de Ardora, da escritora e ilustradora galega Xulia Pizón. Trátase dun traballo no que combinan lectura e reflexión, coa finalidade de achegarnos a este libro e convidarnos a descubrilo.

Ao longo do mesmo, o alumnado comparte a súa valoración da lectura, destacando tanto a temática da historia como a maneira tan visual e coidada na que se nos presenta o mundo das microalgas e do mar.

Con este booktrailer, o alumnado non só amosa o que lle pareceu a obra, senón que tamén nos lanza unha mensaxe clara: anímannos a ler a obra e a deixarnos levar por esta aventura mariña tan especial.

🎬 Dádelle ao play e despois… a ler!

BOOKTRAILER

 Hoxe o alumnado do club de lectura, tráenos un booktrailer sobre o libro de María Canosa: A cazadora de Estrelas.

Desfrutádeo!



BOOKTUBERS NA HORA DE LER

 Bos días, Berberech@s! Estamos lendo un montón de libros este curso e, agora decidimos, realizar un apartado de booktubers para falar sobre eles.