O alumnado do Club de Lectura crea un booktrailer moi especial sobre a obra traballada, Microalgas. O mar de Ardora, da escritora e ilustradora galega Xulia Pizón. Trátase dun traballo no que combinan lectura e reflexión, coa finalidade de achegarnos a este libro e convidarnos a descubrilo.
Ao longo do mesmo, o alumnado comparte a súa valoración da
lectura, destacando tanto a temática da historia como a maneira tan visual e
coidada na que se nos presenta o mundo das microalgas e do mar.
Con este booktrailer, o alumnado non só amosa o que lle
pareceu a obra, senón que tamén nos lanza unha mensaxe clara: anímannos a ler a
obra e a deixarnos levar por esta aventura mariña tan especial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario