Hoxe vivimos unha experiencia moi especial: a lectura de libros de luz negra. Apagamos as luces, collemos as lanternas… e comezou a maxia! O alumnado iluminaba o texto, as ilustracións e os detalles agochados nas páxinas, descubrindo que os libros tamén poden sorprendernos doutras maneiras.
As lanternas convertéronse nas nosas mellores aliadas para ler, buscar palabras, observar imaxes e deixarnos levar polas historias. A lectura transformouse nun xogo, nun momento cheo de curiosidade, risas e emocións, no que todos e todas participaron con moitas ganas.
Este tipo de actividades axúdannos a lembrar algo moi importante: ler é fundamental. A lectura abre portas á imaxinación, mellora a comprensión, amplÃa o vocabulario e axúdanos a aprender mentres desfrutamos. Se ademais a facemos dun xeito lúdico e diferente, a motivación medra aÃnda máis.
Sen dúbida, foi unha experiencia iluminadora en todos os sentidos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario