Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas

Maxia na biblioteca tras a visita dos Reis Magos!

Esta mañá atopamos pegadas de maxia na biblioteca e non foi imaxinación nosa! 

Os Reis Magos pasáronse por ela e deixaron agasallos moi especiais para todas e todos: novos libros, sorpresas e moitas historias por descubrir. Deixaron a biblioteca chea de novas posibilidades para crear, investigar e soñar. 

Agardan por ti libros e lanternas de luz negra para descubrir mensaxes ocultas, filamento para os lapis 3D para dar forma á imaxinación e novos volumes dalgunhas das nosas coleccións favoritas que xa están desexando ser lidas.

É o momento perfecto para explorar, experimentar e deixar voar a creatividade. 

Achégate, proba, le, crea e xoga. A maxia continúa cada día na biblioteca.

Agardámoste! 

🎄 Un Nadal á galega! 🎄

Chegou o Nadal e con el o noso festival!

Este ano o festival de Nadal foi moi especial porque quixemos celebralo dun xeito diferente: un Nadal á galega; cheo de música, tradición, humor e moita ilusión. 

O alumnado preparou distintas actuacións relacionadas co proxecto da cole, nas que non faltaron sketchs divertidos, panxoliñas de Nadal, cancións modernas e moitas sorpresas máis. 

Cada actuación foi unha pequena mostra do traballo realizado nas aulas e do cariño posto en cada detalle. 

A continuación podedes ver todas as actuacións do festival. 👇

4° de Educación Infantil

5° de Educación Infantil

6° de Educación Infantil

1° de Educación Primaria

2° de Educación Primaria

3° de Educación Primaria

4° de Educación Primaria

5° de Educación Primaria

6° de Educación Primaria



🎄📚 Recomendacións lectoras para o Nadal 📚🎄

O Nadal está xa á volta da esquina! Tempo de luces, doces, xogos, descanso e tamén de aventuras marabillosas entre as páxinas dun libro. No cole queremos aproveitar estas datas tan especiais para convidar a todos os nenos e nenas a viaxar coa imaxinación, descubrir novas personaxes e vivir historias inesquecibles.

Para axudarvos a escoller, dende o cole preparamos unha pequena selección de recomendacións lectoras adaptadas ás diferentes idades, pensadas para desfrutar durante as vacacións de Nadal.

Ler no Nadal é unha maneira perfecta de gozar do tempo libre, soñar e compartir momentos en familia. Un libro pode converterse no mellor agasallo: entretén, acompaña e fai medrar a imaxinación.

Animámosvos a descubrir estas propostas lectoras e a escoller aquelas historias que máis vos apetezan. O importante é gozar lendo.

Desexámosvos un Nadal cheo de ilusión, historias e boas lecturas!

🎅✨ Unha visita moi especial no cole ✨🎅

Hoxe o cole encheuse de maxia, ilusión e moitas gargalladas coa visita máis agardada do inverno: Papá Noel.. 

Dende primeira hora notábase no ambiente ese algo especial que só acontece cando os soños están a piques de cumprirse.

As nenas e nenos viviron unha xuntanza inesquecible, chea de emocións, sorrisos e ollos brillantes. Un a un, tiveron a oportunidade de entregar as súas cartas, esas cheas de debuxos, desexos, palabras agarimosas… e algún que outro segredo.


Papá Noel escoitou con moita atención, repartiu apertas e prometeu facer todo o posible para levar a maxia do Nadal a cada fogar.

Foi un momento para lembrar: risas compartidas, nervios e a certeza de que crer na ilusión fai que as cousas boas sucedan. 

Sen dúbida, esta visita deixounos o corazón quentiño e as pilas cargadas de alegría para seguir aprendendo.

Grazas, Papá Noel, por facer do noso cole un lugar aínda máis máxico! 

 Seguimos a gozar do Nadal con ilusión! 

🎄

A maxia do Nadal xa está aquí! 🎄

Coa chegada do Nadal, o cole encheuse de luz, ilusión e moita creatividade. Estas semanas foron moi especiais, cheas de momentos compartidos, aprendizaxes e, sobre todo, moitas actividades.

A imaxinación voou alto coa creación de figuras sorprendentes cos KAPLA: renos, copos e bonecos de neve e construcións cheas de enxeño que demostraron que cando se xoga, tamén se aprende. 

Entre risas e soños, chegou o momento de coller papel e lapis para redactar as cartas a Papá Noel, cheas de bos desexos, ilusións e algún que outro segredo moi ben gardado.

O espírito do Nadal tamén se sentiu na cociña. Compartimos receitas tradicionais con moito agarimo coa residencia de anciáns, creando unha ponte interxeracional que encheu de calor estas datas tan especiais. Porque o Nadal sabe mellor cando se comparte.

Non faltou tampouco a decoración: portas transformadas en auténticas obras de arte, bolas únicas para a árbore de Nadal e espazos cheos de cor, brillo e alegría. Ademais, puxemos a proba a nosa creatividade coa elaboración de postais iluminadas, que brillaron tanto como os ollos das nenas e dos nenos ao velas rematadas.

E isto é só unha pequena mostra! Houbo moitas máis actividades, xogos, sorpresas e momentos inesquecibles que fixeron deste Nadal unha experiencia máxica.

Bo Nadal!

O Apalpador visita o noso cole!

Hoxe tivemos unha visita moi especial na biblioteca. Veu o Apalpador! 🎄🍪

Esta mañá a biblioteca encheuse da maxia do Nadal Galego porque o Apalpador decidiu facer unha parada no noso cole. Si, si. Ese xigante carboeiro e bonachón da montaña, coa súa barba longa, o seu saco ao lombo e gran corazón, chegou disposto a poñernos a proba. Quería saber canto sabiamos realmente del!

O alumnado foi pasando pola biblioteca en quendas, e temos que dicilo: superaron o exame do Apalpador con nota! Responderon preguntas, fixeron outras novas e escoitaron con moita atención cada conto, cada anécdota e cada segredo que este personaxe tan noso lles compartiu.

O Apalpador tamén aproveitou para lembrarnos cousas importantes: que hai que seguir esforzándose, dar o mellor de nós e traballar duro para rematar o curso do mellor xeito posible. Iso si, sempre con boas doses de ilusión e algunha "castaña da sorte" para cada aula polo camiño.

Foi unha visita chea de sorrisos e curiosidade, e o noso convidado marchou encantado coa participación do alumnado.

Un día diferente, especial e 100% galego. 

Volve cando queiras, Apalpador!

SORPRESAS NA BIBLIO!!

 Bos días, Berberech@s!

Voltamos ás clases e, despois do Nadal, atopamos uns agasallos na biblioteca!!





FESTIVAL DE INVERNO: UNHA VOLTA AO MUNDO EN 80 DíAS

Despois dun longo trimestre traballando o noso proxecto, queremos traer un anaquiño do noso produto final: Unha volta ao mundo en 80 días. Un festival de inverno no que cada clase investigou e traballou sobre un lugar do mundo, mergullándose na súa cultura para poñer en escena todo o aprendido e os traxes elaborados, nunha danza tradicional de cada lugar do mundo. 
Así pois, acompañádenos a desfrutar desta fantástica viaxe!!





Durante a súa viaxe os nosos protagonistas chegan a París, desfrutando da actuación das nenas e nenos de 6º de Infantil (5 anos):



Seguindo a viaxe por Europa, chegan a Ucrania, onde o alumnado de 4º de Primaria interpreta un Hópak, baile tradicional deste país: 


Os nosos amigos siguen a súa viaxe cruzando o Océano ata que chegan a Alaska. Aquí temos a actuación dos nenos e nenas de 4º de Infantil (3 anos):


Continuamos a viaxe cara México coa actuación das nenas e nenos de 5º de Infantil 
(4 anos):


Despois da súa visita a México, os nosos amigos e amigas chegan a Brasil, onde o alumnado de 1º de Primaria nos ofrece esta estupenda samba:


Viaxando e viaxando...chegan a Sudáfrica, onde as nenas e os nenos de 3º de primaria os reciben cunha alegre danza africana:


Polo camiño, chegando á India atópanse cunha celebración a cargo dos nenos e nenas de 5º de primaria:


Chegamos a China e alí, o alumnado de 2º de primaria está celebrando o Aninovo coa súa Danza do Dragón: 



Última parada...Nova Zelanda, coa actuación do alumnado de 6º de Primaria:



E ata aquí a nosa viaxe! Despedímonos ata o vindeiro ano. 


RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Bos días, familias!

Chegan xa as vacacións de Nadal e dende BiblioSaleta queremos ofrecervos unhas recomendacións lectoras para toda a familia, para que desfrutedes estas festas. 

Vémonos á volta!


DECORACIÓN DE NADAL NO CLUB DE CIENCIAS

 Nesta ocasión, os nenos e nenas do club de ciencias realizaron pequenos circuitos led para alumear un poboado de Nadal, imitando os poboados de Laponia, o cal acompaña a nosa árbore de libros como decoración do cole.









OBRADOIROS DE NADAL

 Durante este mes de decembro, realizamos nos recreos un obradoiro de adornos de Nadal reciclados. Para iso, empregamos os libros de expurgo, creando coas súas páxinas fermosos adornos de papel para a nosa árbore de libros. Xa veredes o resultado!!






FESTIVAL DE INVERNO

Este ano tivemos un festival de inverno cheo de estrelas e moitos máis elementos universais. Estas foron as nosas actuacións!

    6º Infantil

5º Infantil 

3º EP 


         4º Infantil



   5ºEP


1ºEP



2ºEP


4º EP



6º EP