Un espazo cheo de libros e historias para achegarnos a temas como o acoso escolar, o 25N, a igualdade, a diversidade ou a discapacidade.
Porque ler tamén é unha forma de educar na inclusión, no respecto e na igualdade.
Hoxe 3 de decembro conmemoramos o Día da Diversidade Funcional cun mural no que o alumnado plasmou diferentes frases nunha diversidade de bolboretas que decoran o noso centro, diferentes no seu voo, pero co mesmo dereito a voar.
E o alumnado da Escardia traballou nesta semana na aula diferentes actividades en relación ás diversas discapacidades: realizaron xogos paralímpicos en educación física, en música descifraron partituras en braille, e moito máis.
Bos días,
o pasado 3 de decembro foi o Día da Discapacidade e, xa que este curso estamos co proxecto de seguridade vial MOVEMENTO ESCARDIA, quixemos conmemorar esta data realizando unha actividade en familia.