Mostrando entradas con la etiqueta formación de usuarios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta formación de usuarios. Mostrar todas las entradas

Aventuras entre libros no Día das Bibliotecas Escolares 📚

Hoxe é un día moi especial, pois celebramos o Día das Bibliotecas Escolares! 

Como cada ano, as nosas "mochilas viaxeiras" están listas para comezar o seu percorrido polos fogares do noso alumnado. Pero atención, non será tan doado conseguilas!

Antes, o alumnado enfrontarase a unha serie de desafíos misteriosos cos que coñecerá algunhas das bibliotecas máis curiosas de Galicia.

Velaquí os retos!

Educación Infantil:

 

Educación Primaria:

Bo traballo, berberech@s! Sabía que o conseguiríades!  

 
Dentro das mochilas atoparán libros marabillosos, propostas lectoras para compartir en familia e moitas sorpresas para facer da lectura un momento especial na casa.

Cada semana, unha nova familia será parte desta aventura.

A mochila viaxa, pero as historias quedan connosco para sempre!

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O 24 de outubro é o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e en BiblioSaleta aventurámonos a coñecer outras bibliotecas do mundo, descubrindo un montón de cousas interesantes. Ademais, nestas bibliotecas, tivemos que resolver unha serie de retos, traballando a CDU, para atopar os libros que forman as nosas mochilas viaxeiras deste curso.




Reto conseguido!

TRABALLAMOS A CDU NAS AULAS

 Chegou o momento de etiquetar os libros das nosas bibliotecas de aula e para iso, todo o alumnado colaborou traballando así a CDU e a clasificación dos distintos libros.




DÍA DO LIBRO - OS DEREITOS DO LIBRO

 O 23 de abril, DÍA DO LIBRO, realizamos para as nosas bibliotecas de aula os DEREITOS DOS LIBROS, promovendo así a formación de usuario e o coidado e o correcto uso dos nosos libros, para poder vivir con eles moreas de aventuras.







A NOSA CDU

 Traballando a formación de usuario, cada curso de educación infantil e primaria creou o seu propio logo para identificar a CDU. Así de chula quedou:









A BIBLIOTECA DE 2º

 Os nenos e nenas de segundo comezamos o noso itinerario lector, co conto: "El perro que buscaba estrellas".


Ademais, estivemos ordeando a nosa biblioteca e clasificando os libros de literatura e informativos, traballando así un pouquiño a CDU.


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Bo día, Escardiáns da Galaxia!

O pasado 24 de outubro foi o día das Bibliotecas Escolares e para conmemoralo, dende Bibliosaleta fixemos un xogo de pistas co que traballamos a organización da biblioteca e a formación de usuario do noso alumnado.















AXUDANTES DE BIBLIOTECA

 Bos días!

Chegou o momento de retomar a actividade dos AXUDANTES DE BIBLIOTECA! 

Así que, durante este curso, as nenas e nenos de 6º de Primaria serán os axudantes de Saleta na biblioteca. Xa comezamos ca sesión de formación para estar preparados para este novo curso.

Grazas pola vosa colaboración.


DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Bos días!

O 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares, e para conmemoralo, realizamos unha serie de actividades con Saleta na nosa biblio. 

Primeiro, coñecimos un pouquiño máis a nosa biblioteca e como se organizan os libros nela, para que cada clase faga o debuxo sobre cada apartado da CDU. Aquí tedes o vídeo de Saleta por se queredes velo de novo.


E depois, axudamos a Saleta a completar os xogos de pistas.

XOGO DE PISTAS DE INFANTIL E 1º DE PRIMARIA

XOGO DE PISTAS DE 2º DE PRIMARIA





XOGO DE PISTAS DE 3º E 4º DE PRIMARIA




XOGO DE PISTAS DE 5º E 6º DE PRIMARIA