Mostrando entradas con la etiqueta titoriais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta titoriais. Mostrar todas las entradas

TITORIAIS

Este curso na Escardia adquirimos un montón de xogos de pensamento computacional. O noso alumnado está encantado con eles. E os nenos e nenas de 3º e de 6º de primaria realizaron presentacións e titoriais sobre eles para ensinarnos a xogar:













TITORIAL ELBE.2. PLATAFORMA DE LECTURA DIXITAL

 Comezamos este trimestre cunha novidade na biblioteca. Xa temos lista a plataforma de lectura dixital ELBE.2. 

Cada alumno/a recibirá un carnet co seu usuario e contrasinal co que poderá acceder á plataforma e realizar o préstamo de libros dixitais. 

Deixámosvos un pequeno titorial realizado polo alumnado de 6º de primaria, así como o enlace as instrucións aportadas pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, para consultar calquera dúbida, xa que se trata dun recurso de lectura inclusivo, do que podemos disfrutar, alumnado, profesorado e familias.


 INSTRUCIÓNS: https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1615

Adiante coas lecturas!

BUSCADOR DE LIBROS

 Bos días a tod@s @s usuari@s da biblioteca do CEIP A Escardia.

Temos como novidade, no noso blog, un buscador de libros para que dende calquera sitio poidades consultar o catálogo da nosa biblioteca.

Recordade que se non hai o libro que andades buscando, sempre o podedes anotar na caixa de suxestións.

XORNAL O PAPAGAIO

 E falando de diferentes lecturas...

chega á nosa biblio o Xornal Papagaio! Pois a lectura informativa ou de lecer nos xornais tamén é moi importante. Por iso, dende a nosa biblioteca queremos formar aos nosos usuarios e usuarias na lectura xornalística, así que as hora de lectura dos XOVES serán con X de XORNAIS.


Incluimos tamén no blog un enlace para que poidades consultar as publicacións do xornal en liña, accedendo dende o menú LOGIN e introducindo sempre os vosos datos identificativos (usuario e contrasinal).