Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca inclusiva. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca inclusiva. Mostrar todas las entradas

Libros e solidariedade no "Mercado de libros"

Esta semana o cole encheuse de libros e ganas de axudar coa celebración do Mercado de Libros.

Grazas aos libros expurgados da biblioteca e ás doazóns das familias puidemos organizar unha xornada moi especial para recadar fondos destinados á Cruz Vermella.

Pero antes de abrir os postos, houbo moito traballo detrás. O alumnado: clasificou os libros, organizounos, puxo prezos e deixou cada detalle listo para a venda. Ademais, nas aulas practicaron como auténticos comerciantes, traballando a compra e venda e poñendo en práctica o sistema monetario dun xeito real.

Durante a xornada convertéronse en estupendos vendedores e vendedoras: atenderon ao público, recomendaron lecturas, cobraron, deron cambio e demostraron que teñen un gran talento para o comercio!

Unha actividade completísima na que, ademais de aprender, traballamos a solidariedade, o consumo responsable e a importancia de darlle unha segunda vida aos libros.

Pechamos abril con moita cor e un bico moi especial

O alumnado de 1º de Primaria puxo o broche de ouro ás celebracións do Mes do Libro coa súa fermosa representación De que cor é un bico?

Despois de conquistar o auditorio nunha primeira actuación, os nosos pequenos e pequenas artistas non quixeron perder a oportunidade de compartir co resto do cole esta obra que prepararon con tanto agarimo. E menos mal que o fixeron porque foi todo un éxito! 

A representación, ademais, estivo acompañada de linguaxe de signos, facendo desta experiencia unha actividade inclusiva e fermosa.

Como sempre, o alumnado fixoo xenial e demostrou sobre o escenario unhas habilidades artísticas que deixaron abraiados aos seus compañeiros e compañeiras, quen gozaron dun espectáculo cheo de cor.

E por se fora pouco, esa mesma tarde ofreceron unha función moi especial para as súas familias, que puideron desfrutar con orgullo e emoción do magnífico traballo realizado.

Parabéns, artistas! Estamos desexando ver con que nos sorprendedes na próxima función! 

Ler para todas e todos: celebramos o Día do Libro con inclusión e emoción

Con motivo da conmemoración do Día do Libro, tivemos a sorte de participar nunha fermosa iniciativa promovida polo Centro de Educación Especial (CEE) da nosa zona, que nos convidou a compartir lecturas empregando diferentes formas de comunicación.

Nesta ocasión, o alumnado de 1º de Primaria preparou con moitísima ilusión e cariño unha lectura teatralizada, acompañada de linguaxe signada, demostrando todo o seu esforzo, implicación e entusiasmo. A obra escollida foi De que cor é un bico? de Rocío Bonilla.

O resultado foi simplemente xenial: unha actividade moi vistosa, emocionante e chea de sensibilidade, na que o noso alumnado puxo todo o empeño para facer chegar a lectura a todas as persoas.

Este tipo de experiencias lembran a importancia da lectura e da diversidade nos seus múltiples xeitos de expresión, favorecendo que todas as persoas poidan acceder ás historias e á cultura independentemente das súas características.

Parabéns ao alumnado de primeiro polo ben que o fixeron e por agasallarnos cunha actividade tan especial!

DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

 Hoxe 3 de decembro conmemoramos o Día da Diversidade Funcional cun mural no que o alumnado plasmou diferentes frases nunha diversidade de bolboretas que decoran o noso centro, diferentes no seu voo, pero co mesmo dereito a voar.


DÍA DA FAMILIA

 Hoxe 15 de maio celebramos o DÍA DA FAMILIA, e dende Bibliosaleta, ofrecemos un montón de contos como recurso para traballar nas aulas. 

Podedes consultalos no código QR que atoparedes no novo recuncho de lecturas diversas.



RECUNCHO DE LECTURAS DIVERSAS

Este ano no cole centralizamos os fondos de biblioteca inclusiva nun novo recunchiño de Lecturas Diversas. Aquí poderedes atopar un montón de lecturas chulísimas: sobre igualdade, diversidade, contos en braille, con pictogramas e moito máis! Identificaredes estes libros pola súa etiqueta violeta realizada coa nova plotter.

A desfrutar das lecturas!







MALETA DE IGUALDADE

 Chegan ao noso cole as maletas de IGUALDADE do CFR de Pontevedra! Cunha morea de libros para ler nos distintos cursos de infantil e primaria.



DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

 O 2 de abril é o Día Mundial do Autismo. No cole lemos algúns contos como o CAZO DE LORENZO


e o alumnado de 3º de primaria realizou estas actividades: 




DÍA DAS FAMILIAS

Bos días, Berberech@s!

Hoxe, 15 de maio é o Día Internacional da Familia.

Deixamos aquí uns contos sobre familias para que desfrutedes na hora de ler.





CONSELLO ESCOLAR INFANTIL

 Bo día, Berberech@s!

Xa celebramos o consello escolar infantil, no que @s representantes de cada curso aportaron as súas propopostas para mellorar os nosos patios e facelos máis inclusivos, así como para mellorar as sinais das nosas rúas para, posteriormente elaborar unha carta dirixida ao Concello.




SEMANA DA DIVERSIDADE

Celebramos no cole a SEMANA DA DIVERSIDADE, para dar visibilidade a todas aquelas realidades que temos no noso día a día:



UN MAR DE CORES

 O alumnado de 1º e 2º de primaria estivo traballando o conto "Un mar de cores" o día mundial da Síndrome de Down, e como produto final, crearon este mural sobre a diversidade.

DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

 Bo día, hoxe 21 de marzo é un día especial, é o Día Mundial da Síndrome de Down. 

Cada ano, dende 2012, segundo o establecido no decreto das Nacións Unidas, conmemórase o día 21 do mes 3 este día, facendo así referencia á trisomía do par 21 de cromosomas propia da Síndrome de Down.

No cole queremos, como cada ano, amosar un símbolo de concienciación en toda a comunidade educativa a través de diferentes formas. Unha delas, traer dous calcetíns diferentes entre si.

E por que traemos dous calcetíns diferentes? Pois este símbolo establécese como medio de concienciación social, dada a similitude entre a forma dos calcetíns e os cromosomas e ademais, simbolizamos así como esa diferenza de calcetíns, a diversidade...todos diferentes e á vez todos iguais, traballando xuntos cara a inclusión e a redución das desigualdades.


Deixamos unhas recomendacións lectoras para a hora de ler. Desfrutádeas!





Como nos di Pablo Pineda, temos que ver os talentos que se atopan baixo as etiquetas e para iso, que mellor lectura que "A fábrica de etiquetas", para ver máis aló dos estereotipos.



UN MAR DE CORES



RECUNCHOS DA DIVERSIDADE

Chega a semana da diversidade e para as horas de lectura, preparamos estes recunchos con diferentes contos sobre diversidade de todo tipo.






TITORIAL ELBE.2. PLATAFORMA DE LECTURA DIXITAL

 Comezamos este trimestre cunha novidade na biblioteca. Xa temos lista a plataforma de lectura dixital ELBE.2. 

Cada alumno/a recibirá un carnet co seu usuario e contrasinal co que poderá acceder á plataforma e realizar o préstamo de libros dixitais. 

Deixámosvos un pequeno titorial realizado polo alumnado de 6º de primaria, así como o enlace as instrucións aportadas pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, para consultar calquera dúbida, xa que se trata dun recurso de lectura inclusivo, do que podemos disfrutar, alumnado, profesorado e familias.


 INSTRUCIÓNS: https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1615

Adiante coas lecturas!

RÚAS INCLUSIVAS

 Bos días, 

o pasado 3 de decembro foi o Día da Discapacidade e, xa que este curso estamos co proxecto de seguridade vial MOVEMENTO ESCARDIA, quixemos conmemorar esta data realizando unha actividade en familia.





LETRAS GALEGAS: O TRASNO DAS LETRAS

Onte, 17 de maio foi o Día das Letras Galegas, e como cada ano, o Trasno das Letras visitou o noso cole, deixando uns agasallos en galego para as bibliotecas de aula, dotándoas de contos inclusivos e en galego. Desfrutade dos agasallos do Trasno!






DÍA MUNDIAL DO BRAILLE

 Bo día a tod@s!

Polo Día Mundial do Braille queremos ensinarvos estes libros tan característicos que temos na nosa biblioteca, escritos en braille. Para que todos os nenos e nenas, poidades achegarvos a esta linguaxe, creando así, unha biblioteca cada vez máis inclusiva.