Mostrando entradas con la etiqueta Os maios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Os maios. Mostrar todas las entradas

Recomendacións lectoras para o mes de maio

Maio chega cargado de flores e de historias para descubrir!

Este mes propoñémosvos lecturas moi especiais para celebrar as nosas tradicións e as nosas letras:

Para traballar os maios:
📖 Maios e desmaios, unha lectura perfecta para mergullarse nesta fermosa tradición galega.

Polo Día das Letras Galegas e para coñecer á escritora homenaxeado Begoña Caamaño:
📖 Os fíos de Begoña
📖 Begoña ou o pracer da amizade

Animádevos a descubrilos, lelos… e, por suposto, pasade pola biblioteca para botarlles unha ollada e levalos en préstamo!

E non vos esquezades do reto lector! O desafío deste mes é ler unha obra en galego.



Agardámosvos entre andeis!

"O Maíño Maio..."

Un ano máis, o noso cole encheuse de cor, tradición e ilusión coa celebración dos Maios, unha das festas máis fermosas e significativas da nosa cultura galega, pero tamén do centro.

Ao longo da xornada, todo o alumnado, desde os máis pequenos e pequenas ata os/as maiores, participou con entusiasmo na elaboración dos maios, compartindo tempo, creatividade e convivencia nun día moi especial. Con materiais naturais como: pétalos, flores, pampullos, bugallos, ovos, laranxas... fomos dando forma sobre bases de xesta e fiúncho, tal e como marca a tradición.

Esta celebración, profundamente arraigada en Galicia, simboliza a chegada da primavera, o renacer da natureza e o tempo das flores, e acompáñase tradicionalmente de coplas e cantigas arredor dos maios, mantendo vivo o costume ancestral do noso patrimonio cultural.

Este ano, ademais, a actividade cobra un significado especial ao estar directamente vinculada co noso proxecto de centro “En galego!”, reforzando o valor da lingua, da cultura e das tradicións propias como sinais da nosa identidade.

Entre as creacións destacou tamén o maio artístico elaborado polo alumnado de primeiro ciclo: unha fermosa pandeireta cos seus dous bailadores, homenaxe ao folclore galego e á importancia da música e da danza tradicional.

E ao final do día, como cada ano, chegou o momento máis esperado da xornada: a presentación dos maios diante de todo o cole.

Co patio cheo de emoción, compartimos as nosas creacións e cantamos xuntos as coplas. Os máis cativos e cativas interpretaron o maio tradicional, mentres que o alumnado maior puxo voz ao maio satírico deste ano, creado a partir de temas de actualidade, situacións do cole e moito enxeño.

Un día para crear, convivir, aprender e celebrar.


Vivan os Maios! 

AÍ VEN O MAIO!

 Aí ven o maio! Este ano, co tradicional maio cónico e un maio artístico do 1º ciclo relacionado co noso PDI de viaxes polo mundo: un fantástico avión!




OS MAIOS

 Aí ven o maio! 

E na Escardia, festexámolo traballando na elaboración dos maios tradicionais, o cónico entre todo o cole, e o maio artístico de 1º e 2º de primaria en forma de cohete da nosa axencia espacial a ESGA!

A chuvia deunos un respiro e puidemos saír ao patio a cantar as nosas coplas.











Así sonan as nosas coplas!



OS MAIOS

 Chegan os Maios e comezamos a investigar nas aulas sobre eles. Cal é a tradición, que tipos de maios existen, que elementos se empregan para facelos?... E entre todo o alumnado do cole fixemos un tríptico divulgativo no que expoñemos toda esta información, incluindo o noso PRIMEIRO PROGRAMA DE RADIO:



E non podíamos rematar esta tradición doutra forma que creando o noso propio maio, xunto cun maio artístico realizado polo alumnado de 1º e 2º sobre o proxecto MOVEMENTO ESCARDIA e cantando as coplas típicas deste día.










COMEZAMOS COA RADIO!

 Bos días!

Chegan os maios e os nosos alumnos e alumnas querenvos contar moitas cousiñas sobre eles, e para iso, que mellor forma que comezando con RADIOSALETA!


Deixámosvos o noso primeiro podcast. Para acceder, clicade no icono da canle de radio situado á esqueda do blog.