Maio chega cargado de flores e de historias para descubrir!
Este mes propoñémosvos lecturas moi especiais para celebrar as nosas tradicións e as nosas letras:
Para traballar os maios:
📖 Maios e desmaios, unha lectura perfecta para mergullarse nesta fermosa tradición galega.
Polo Día das Letras Galegas e para coñecer á escritora homenaxeado Begoña Caamaño:
📖 Os fíos de Begoña
📖 Begoña ou o pracer da amizade
Animádevos a descubrilos, lelos… e, por suposto, pasade pola biblioteca para botarlles unha ollada e levalos en préstamo!
E non vos esquezades do reto lector! O desafío deste mes é ler unha obra en galego.
Agardámosvos entre andeis!
No hay comentarios:
Publicar un comentario