Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas

Celebramos o Magosto xogando e compartindo tradición! 🌰

Hoxe o patio do cole encheuse de risa, xogos e cheiro a castañas asadas porque celebramos o noso esperado Magosto!

Lembremos que, nas últimas semanas, as familias fixéronnos unha visita moi especial para ensinar ao alumnado xogos tradicionais galegos, aos que xogaban cando eran pequenos/as: as bólas, os birlos, a goma, a corda, o Perico… e moitos máis!

O mellor de todo foi ver como as nenas e os nenos se convertiron en auténticas e auténticos especialistas durante esta celebración, explicando as regras, facendo demostracións e animando aos compañeiros a participar.

Houbo saltos, carreiras, moita emoción e algún que outro enredo coas cordas, pero sobre todo, moita diversión compartida.

Tivemos, ademais, a sorte de ver ao ANPA traballando arreo, asando as castañas con moito agarimo para que todas e todos puidésemos desfrutar delas ben quentiñas. Grazas por ese delicioso arrecendo que inundou o patio!

Para poñer o broche de ouro, rematamos a festa cunha boa degustación deste saboroso produto. Cada neno e nena levaba o seu cucurucho ou recipiente decorado, perfecto para gardar as castañas e saborealas en boa compañía.









Foi un día cheo de tradición e alegría, no que aprendemos xogando e celebramos o noso Magosto como máis nos gusta: todos xuntos!

Xogo e tradición

Estas últimas semanas no cole pasámolo de marabilla redescubrindo os xogos tradicionais galegos, grazas á colaboración das familias d@s nos@s berberech@s, que viñeron compartir connosco a súa sabedoría e ilusión.

Durante uns días o patio transformouse nun gran campo de xogos. 

O alumnado tivo a oportunidade de xogar como xogaban as súas nais, pais e avoas: 

- saltaron á corda e á goma, facendo acrobacias imposibles;

- xogaron ao "Tres pés" ou ás "Catro esquinas", correndo coma lóstregos; 

- cantaron o clásico “Pase misí, pase misá” ou " O florón";

- e ata houbo quen demostrou a súa puntería coas canicas ou o Perico.

Foi unha actividade chea de diversión, aprendizaxe e tradición, onde comprendemos que non fan falta moito para pasalo en grande.

Grazas a todas as familias pola vosa participación e por manter vivos estes xogos!

CHEGOU O MAGOSTO!

 Chega o outono e con el o MAGOSTO!

Dende a biblio, recomendámosvos un montón de lecturas de outono coas que poderedes desfrutar estes días e, xa que este ano temos o proxecto de viaxes polo mundo, cambiamos os xogos tradicionais galegos por xogos de diferentes lugares do mundo. 



Cada clase traballou o texto instrutivo, a partir do cal elaboraron un cartel informativo de cada un dos xogos propostos, cos que o pasamos xenial antes da tradicional degustación de castañas!







MAGOSTO

 Chega o Outono e con el o Magosto!

Xa temos listos os nosos contos sobre o outono e o magosto. E para celebralo, fixemos unha xornada de xogos tradicionais galegos, merendamos castañas asadas e creamos un recetario, traballando a tipoloxía textual da receita.