Estas últimas semanas no cole pasámolo de marabilla redescubrindo os xogos tradicionais galegos, grazas á colaboración das familias d@s nos@s berberech@s, que viñeron compartir connosco a súa sabedoría e ilusión.
Durante uns días o patio transformouse nun gran campo de xogos.
O alumnado tivo a oportunidade de xogar como xogaban as súas nais, pais e avoas:
- saltaron á corda e á goma, facendo acrobacias imposibles;
- xogaron ao "Tres pés" ou ás "Catro esquinas", correndo coma lóstregos;
- cantaron o clásico “Pase misí, pase misá” ou " O florón";
- e ata houbo quen demostrou a súa puntería coas canicas ou o Perico.
Foi unha actividade chea de diversión, aprendizaxe e tradición, onde comprendemos que non fan falta moito para pasalo en grande.
Grazas a todas as familias pola vosa participación e por manter vivos estes xogos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario