Mostrando entradas con la etiqueta día das artes galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día das artes galegas. Mostrar todas las entradas

Biblioteca creativa. Ana Miguéns achega arte e tradición ao noso cole.

Para pechar o Mes das Artes Galegas neste abril, recibimos con moita ilusión a visita de Ana Miguéns, artista vilagarciá e referente na divulgación da cultura galega a través da súa xoiería artesanal.

Da súa man, o alumnado de Infantil e Primaria participou en varios obradoiros nos que arte, tradición e identidade galega se deron a man. 

Durante a actividade, cada neno e nena elaborou un colgante con motivo galego, decorándoo con distintos produtos agrícolas e exaltando así o valor do noso rural e das nosas raíces.

Foi unha experiencia moi especial na que o alumnado participou con gran entusiasmo, desfrutando de cada paso do proceso creativo e implicándose ao máximo na elaboración das súas xoias. Con destreza e moita ilusión, puxeron en práctica todas as súas habilidades artísticas para crear pezas únicas e verdadeiramente sorprendentes.

O resultado foi algo tan bonito e espectacular como o que podedes ver:

📸 Día das Artes Galegas. Recreando a mirada de Xosé Suárez

Con motivo da celebración do Día das Artes Galegas, este ano levamos a cabo un reto fotográfico moi especial que hoxe queremos compartir convosco: "Mudar a lente. Reinterpretando a Xosé Suárez".

Nesta ocasión, a actividade estivo centrada na figura de Xosé Suárez, destacado fotógrafo galego coñecido polas súas imaxes cheas de sensibilidade e polos seus retratos, capaces de recoller a esencia da vida e das persoas.

O desafío consistía en recrear algunhas das súas fotografías máis representativas do artista e o resultado foi simplemente xenial! Participou tanto o alumnado como as familias, o que fixo desta actividade unha experiencia compartida, creativa e moi divertida.

Aquí tedes os resultados: unha selección de imaxes creadas nas que se mestura a inspiración do autor co talento e a imaxinación dos nosos pequenos e pequenas artistas.

Grazas por participar!

DÍA DAS ARTES GALEGAS

 Este ano, no Día das Artes Galegas traballamos a tradicional cerámica de SARGADELOS, facendo creacións tan fantásticas como estas, aproveitando para xuntar a cultura galega de Sargadelos con elementos típicos doutros lugares do mundo que estamos a traballar no noso proxecto.