Biblioteca creativa. Ana Miguéns achega arte e tradición ao noso cole.

Para pechar o Mes das Artes Galegas neste abril, recibimos con moita ilusión a visita de Ana Miguéns, artista vilagarciá e referente na divulgación da cultura galega a través da súa xoiería artesanal.

Da súa man, o alumnado de Infantil e Primaria participou en varios obradoiros nos que arte, tradición e identidade galega se deron a man. 

Durante a actividade, cada neno e nena elaborou un colgante con motivo galego, decorándoo con distintos produtos agrícolas e exaltando así o valor do noso rural e das nosas raíces.

Foi unha experiencia moi especial na que o alumnado participou con gran entusiasmo, desfrutando de cada paso do proceso creativo e implicándose ao máximo na elaboración das súas xoias. Con destreza e moita ilusión, puxeron en práctica todas as súas habilidades artísticas para crear pezas únicas e verdadeiramente sorprendentes.

O resultado foi algo tan bonito e espectacular como o que podedes ver:

No hay comentarios:

Publicar un comentario