Despois de moito traballar este curso sobre a seguridade vial, rematamos presentando o noso produto final: Maqueta dunha cidade intelixente! Na que englobamos o traballo de impresión e modelado 3D coa reciclaxe e a robótica nun prototipo das inmediacións do noso centro.
REVISTA ESCOLAR
Xa temos, un ano máis a nosa revista A Escardia Fala!
Podedes vela no seguinte enlace:
CONTO VIAXEIRO
Polo día do libro, elaboramos un conto viaxeiro entre todo o alumnado do cole. Cada clase tivo asignado unha parte do conto sobre a que debía traballar no texto narrativo e, seguindo o nos camiño, chegamos ao final, creando un conto con diferentes partes alternativas nas que a persoa que o le pode escoller a súa propia historia para ler.
O noso libro de seguridade vial quedará na biblioteca para que todos e todas o poidades ler.
MALETA VIAXEIRA
As lecturas sobre rodas seguen viaxando de clase en clase, levando os contos de seguridade vial a todo o alumnado. Así desfrutamos as lecturas na hora de ler: Construindo cidades, investigando sobre as diferentes sinais, e moito máis...
OS MAIOS
Chegan os Maios e comezamos a investigar nas aulas sobre eles. Cal é a tradición, que tipos de maios existen, que elementos se empregan para facelos?... E entre todo o alumnado do cole fixemos un tríptico divulgativo no que expoñemos toda esta información, incluindo o noso PRIMEIRO PROGRAMA DE RADIO:
LECTURAS SOBRE RODAS
MERCADILLO SOLIDARIO
Bos días!
Este ano, como segundo ano consecutivo, realizamos, polo día do libro, o noso mercadillo solidario cos libros de expurgo. Todo o alumnado de infantil e primaria montou os seus postos, cheos de libros e convertíronse en vendedores e compradores para traballar a tope as matemáticas e a formación de usuarios na xestión de fondos da biblioteca.
Este curso, como estamos a tope co proxecto de seguridade vial Movemento Escardia, quixemos doar o recadado para a asociación Stop Accidentes de Galicia, o cal non sería posible sen a colaboración de todas as familias do cole.
Así de ben saíron estas xornadas nas que centro e familias colaboramos nun mesmo proxecto.
DÍA DO LIBRO
Bos días!
Este ano, polo día do libro, realizamos un obradoiro de imprenta manual, no que aprendimos as orixes da imprenta e todo o seu proceso, facendo pequenas creacións sobre o noso proxecto. Mirade que ben o pasamos!
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)




.jpeg)









.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)