Mostrando entradas con la etiqueta steam. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta steam. Mostrar todas las entradas

Estamos orgullos@s de ser galeg@s por... a nosa lingua!

Hai linguas que se falan... e hai linguas das que se presume! 

Dentro do proxecto "Estamos orgullos@s de ser galeg@s por..." dentro da área de Proxecto competencial, o alumnado de 3º e 4º puxo toda a súa creatividade a traballar para facer algo moi especial: crear vídeos para presumir da nosa lingua.

Porque... como non presumir dunha lingua que ten palabras tan fermosas como morriña, agarimo, xeito, riquiño ou luscofusco?

Entre cámaras, ideas, risas e moitas ganas, os nosos rapaces e rapazas prepararon distintos vídeos nos que nos lembran por que o galego é un tesouro que debemos coidar, falar e compartir.









Parabéns, rapaces e rapazas!

Unha vila mariñeira chea de ciencia!

Club de Ciencia pecha o primeiro trimestre por todo o alto cun proxecto final tan ambicioso como creativo. O noso alumnado puxo en marcha unha pequena vila mariñeira, creada dende cero con moita imaxinación, traballo en equipo e… ciencia!

Nesta vila non faltou case de nada:
  💡 un faro que guía ás embarcacións,
  🏗️ un guindastre para mover cargas,
  🌱 un sistema de rego para coidar as zonas verdes,
  🌉 unha ponte levadiza chea de movemento
  🚜 e mesmo unha colleitadora funcionando! 

Para facelo posible, o alumnado traballou arreo programando e experimentando cos NEZHA, poñendo a proba os seus coñecementos de robótica, lóxica e resolución de problemas. Cada reto foi unha oportunidade para aprender facendo, equivocarse e volver intentalo.

Nesta ocasión, a parte artística tamén tivo un papel protagonista. Empregamos materiais reciclados para construír os diferentes elementos da vila, promovendo así a importancia do coidado do medio ambiente e demostrando que con creatividade pódese dar unha segunda vida a moitos obxectos.


O resultado é unha vila mariñeira chea de vida, movemento e aprendizaxe, que reflicte o esforzo, a ilusión e o talento do noso alumnado. Un proxecto que nos enche de orgullo e que nos deixa con ganas de seguir explorando, creando e aprendendo xuntos no próximo trimestre.


A ciencia tamén se constrúe con imaxinación e no Club de Ciencia témolo claro!

Explosión de sabores coa cociña molecular!

O alumnado tivo a sorte de compartir co IES Armando Cotarelo Valledor unha xornada moi especial, chea de descubrimento e moita froita. Xuntos gozaron dun obradoiro de cociña molecular no que plátanos, mazás e amorodos se convertiron nos auténticos protagonistas do laboratorio.

Entre probas, experimentos e curiosidades, a rapazada descubriu como a ciencia pode converter a cociña nun xogo marabilloso. Boliñas que estalan na boca, texturas que sorprenden e cores que chaman a atención fixeron desta actividade unha auténtica festa gastronómica.

A mellor parte? Poder saborear as súas creacións! Comeron, probaron, repetiron… Puxéronse as botas!

Foi unha mañá diferente, creativa e superenriquecedora.

Queremos enviar unha enorme aperta de agradecemento ao profesorado e ao alumnado do Instituto, que nos acompañaron, guiaron e compartiron con nós esta experiencia tan saborosa. Grazas por facer desta xornada un recordo tan doce!

Agardamos a próxima con moitísima ilusión!

CREAMOS NOVOS RECUNCHOS

 A nosa biblio segue crecendo, e así, creamos novos recunchos como o recuncho de contos de luz negra, ou o de libros de cartoné para prelectores, identificados cunhas etiquetiñas deseñadas no cole e feitas co plotter, axudándonos así dos novo recursos steam.



Ademais, seguimos actualizando os puntos de lectura informal para que o alumnado se sinta cómodo durante o tempo de lectura libre.




LEGOS!

Mirade qué chuladas fai o noso alumnado na biblioteca cos LEGOS. Unha super casa de lego, con horto no que plantar e terraza con sombrillas onde tomar algo. Creatividade a tope!






CHEGA A PRIMAVERA

 Chega a primavera e con ela, a recomendación  de libros informativos sobre flores, prantas, natureza e coidado do horto ao noso recuncho verde.


E no cole, comezamos a preparar o noso horto e a argallar pequenos proxectos STEAM relacionados coa natureza.


FEIRA MATEMÁTICA EN GALEGO

 Este ano participamos no I Encontro de Matemáticas na Rúa e en Galego, organizado por diferentes centros de Vilagarcía.



DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

No Día da Paz e a Non Violencia, o alumnado traballou sobre diferentes conflitos bélicos

                        


empregando RadioSaleta para recoller toda a información que aprenderon. Podedes acceder aos podcast clicando no seguinte enlace:

O alumnado do club de ciencias tamén elaborou un percorrido co Tren Intelino con varias estacións da PAZ, sobre cada un dos conflitos existentes no mundo traballados en cada clase. Para iso, traballamos a programación, a construción de estacións con lego e a creación de bandeiras co lápis 3D. Así de chulo quedou:




E como non, rematamos a xornada cantando xuntos a canción "WE ARE THE WORLD".



DECORACIÓN DE NADAL NO CLUB DE CIENCIAS

 Nesta ocasión, os nenos e nenas do club de ciencias realizaron pequenos circuitos led para alumear un poboado de Nadal, imitando os poboados de Laponia, o cal acompaña a nosa árbore de libros como decoración do cole.









FEIRA DE CIENCIAS

 Este mes de novembro, MES DA CIENCIA, adicámolo no noso centro a Leonardo Davinci, polo que, tras a excursión á exposición Davinci de Pontevedra, cada clase traballou sobre a súa figura e escolleu un invento para levar á nosa feira de ciencias. Ademais, dentro do proxecto Escardiáns polo mundo, que mellores inventos que os diferentes medios de transporte. 

Aquí deixamos as mostras da nosa exposición: 




STEAM

 Bos días, Berberech@s!

Hoxe queremos amosarvos uns traballiños do alumnado de 4º de primaria, onde empregan diferentes recursos STEAM do programa polos creativos.

Por unha banda, fixeron unha exposición ao resto dos cursos sobre a prehistoria, onde traballaron co TECLA-TECLA.

E por outra banda, estiveron pasándoo xenial mentres probaban os novos materiais.






SAMAÍN

 Chega o Samaín e un ano máis enchemos o noso cole de cabazas e realizamos actividades moi chulas para conmemoralo. Este ano traballamos nas aulas distintas lendas do mundo relacionadas coa festividade,


lemos contos de Samaín cos nosos padriños e madriñas lectores/as,







os nenos e nenas de 4º de primaria crearon arañas robóticas!


e fixemos un obradoiro de adornos de Samaín co lápis 3D.