Mostrando entradas con la etiqueta VozNatura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VozNatura. Mostrar todas las entradas

Unha vila mariñeira chea de ciencia!

Club de Ciencia pecha o primeiro trimestre por todo o alto cun proxecto final tan ambicioso como creativo. O noso alumnado puxo en marcha unha pequena vila mariñeira, creada dende cero con moita imaxinación, traballo en equipo e… ciencia!

Nesta vila non faltou case de nada:
  💡 un faro que guía ás embarcacións,
  🏗️ un guindastre para mover cargas,
  🌱 un sistema de rego para coidar as zonas verdes,
  🌉 unha ponte levadiza chea de movemento
  🚜 e mesmo unha colleitadora funcionando! 

Para facelo posible, o alumnado traballou arreo programando e experimentando cos NEZHA, poñendo a proba os seus coñecementos de robótica, lóxica e resolución de problemas. Cada reto foi unha oportunidade para aprender facendo, equivocarse e volver intentalo.

Nesta ocasión, a parte artística tamén tivo un papel protagonista. Empregamos materiais reciclados para construír os diferentes elementos da vila, promovendo así a importancia do coidado do medio ambiente e demostrando que con creatividade pódese dar unha segunda vida a moitos obxectos.


O resultado é unha vila mariñeira chea de vida, movemento e aprendizaxe, que reflicte o esforzo, a ilusión e o talento do noso alumnado. Un proxecto que nos enche de orgullo e que nos deixa con ganas de seguir explorando, creando e aprendendo xuntos no próximo trimestre.


A ciencia tamén se constrúe con imaxinación e no Club de Ciencia témolo claro!

Explosión de sabores coa cociña molecular!

O alumnado tivo a sorte de compartir co IES Armando Cotarelo Valledor unha xornada moi especial, chea de descubrimento e moita froita. Xuntos gozaron dun obradoiro de cociña molecular no que plátanos, mazás e amorodos se convertiron nos auténticos protagonistas do laboratorio.

Entre probas, experimentos e curiosidades, a rapazada descubriu como a ciencia pode converter a cociña nun xogo marabilloso. Boliñas que estalan na boca, texturas que sorprenden e cores que chaman a atención fixeron desta actividade unha auténtica festa gastronómica.

A mellor parte? Poder saborear as súas creacións! Comeron, probaron, repetiron… Puxéronse as botas!

Foi unha mañá diferente, creativa e superenriquecedora.

Queremos enviar unha enorme aperta de agradecemento ao profesorado e ao alumnado do Instituto, que nos acompañaron, guiaron e compartiron con nós esta experiencia tan saborosa. Grazas por facer desta xornada un recordo tan doce!

Agardamos a próxima con moitísima ilusión!

VENDIMA ESCARDIÁ

É tempo de vendima!

A  vendima é moito máis que a colleita de uvas. É un momento de celebración e reunión do traballo, a cultura e a tradición galega.

Nós non podiamos ser menos e recreamos, ao noso xeito, a vendima escardiá.


Pero non todo foi traballar! Tamén tivemos a oportunidade de probar as saborosas uvas.


Vaia experiencia!

Recomendación lectoras de outono

O outono xa está aquí! 

No "Recuncho verde" atoparedes unha selección de lecturas sobre esta época do ano. 

Desfrutádeas!

CHEGA A PRIMAVERA

 Chega a primavera e con ela, a recomendación  de libros informativos sobre flores, prantas, natureza e coidado do horto ao noso recuncho verde.


E no cole, comezamos a preparar o noso horto e a argallar pequenos proxectos STEAM relacionados coa natureza.


INVERNO

 Estamos no medio do inverno e no recuncho verde deixamos unha selección de lecturas sobre esta época do ano. Desfrutádeas!



DÍA DA TERRA

 Hoxe, 22 de abril é o DÍA MUNDIAL DA TERRA, e na Escardia quixemos conmemoralo facendo un día de plantación. Enchendo o noso cole de novas prantas e flores.






Este ano aprendimos unha morea de cousas sobre todos os planetas, pero sobre todo, a coidar o noso: 

COIDEMOS A TERRA, NON HAI PLANETA B




Dende a biblioteca, recomendamos algunhas lecturas que temos no noso recuncho verde para concienciarnos sobre a importancia de coidar o noso planeta Terra:



DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 Bo día, Berberech@s!

Hoxe, 5 de maio é o Día Mundial do Medio Ambiente, e dende a biblioteca, para contribuir á consecución do obxectivo 13 de acción polo clima, queremos concienciar da importancia de coidar o medio ambiente a través dunhas lecturas moi interesantes que poderedes atopar tamén no noso recuncho verde:


"Mar de Plástico" do libro Contos para salvar o planeta


"La casa del oso polar" de Cuentos para salvar el planeta

Capitán Verdemán


Tamén podedes atopar outros libros no recuncho verde como Plasticus Maritimus (sobre os monstros de plástico que contaminan os mares e océanos, SOS Monstruos Verdaderos Atacan el Planeta, na que cada axente contaminante convértese nun monstro que destrúe o noso planeta, e moitos contos máis.


APRENDENDO NA NATUREZA

 Bos días, 

hoxe as nenas e nenos de 1º e 2º realizaron unha actividade chulísima sobre bioloxía, grazas ao biólogo Rubén, antigo alumno da Escardia e ás súas compañeiras. 

Aprenderon un montón sobre insectos, animais e tamén sobre as plantas!

















E se queredes seguir aprendendo máis dos insectos e as plantas, podedes mirar estes libros tan chulos que temos na biblioteca, e outros máis: