Mostrando entradas con la etiqueta Vivesan-Vilasan. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vivesan-Vilasan. Mostrar todas las entradas

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

 Este curso, no noso centro, estamos traballando a saúde polo quealumnado de 6º curso elaborou unhas infografías con todo o que temos que saber para coidar a nosa saúde no  DÍA MUNDIAL DA SAÚDE.






SAÚDE NA BIBLIOTECA

Dentro do noso proxecto ViveSan-VilaSan, traballamos diferentes tipos de saúde, entre elas a saúde visual e a saúde auditiva, polo que o alumnado elaborou estes pequenos consellos para coidar a nosa saúde cando lemos e cando escoitamos música.



RECUNCHO VERDE

 Xa temos na nosa biblio o noso RECUNCHO VERDE! Onde estarán todos os libros e diapositivas relacionadas co proxecto Voz Natura. Porque é tan importante coidarnos nós como coidar o noso entorno. Pasádevos a visitalo.

ENTROIDO OLÍMPICO

 Bos días, Berberech@s!

Este curso, ao traballar sobre como levar unha vída máis saudable co noso proxecto Vivesan-Vilasan, sabemos que facer exercicio físico e deporte é moi importante, e que mellor maneira que a través dun ENTROIDO OLÍMPICO!

Así de chulos quedaron os nosos disfraces deportivos:





Aquí tedes tamén unhas recomendacións lectoras sobre deportes que temos na biblio:





DÍA DE ROSALÍA

 Bos días, Berberech@s!

Onte, 23 de febreiro foi o Día de ROSALÍA DE CASTRO, e dende o equipo de dinamización da lingua galega e o de biblioteca, preparamos unha actividade moi chula. Despois de moito traballo e a colaboración de todos e todas, creamos este mural con versos de Rosalía, onde cada clase depositou o seu vaso de zume de poesía, cos versos dos poemas traballados, pois despois de traballar a alimentación saudable, xa coñecemos a importancia de hidratarse correctamente e tomar froita a miúdo. Ademais, incluimos uns códigos QR (unha linguaxe coa que estamos cada vez máis familiarizados e da que tamén debemos facer lectura) cos que poderemos escoitar os poemas.


Déixovos tamén a selección de libros de Rosalía que temos na biblioteca!


ALIMENTACIÓN SAUDABLE

 Bos días, Berberech@s!

Dentro do noso proxecto Vive San, Vila San, estivemos traballando a importancia de ter unha boa alimentación, xa que é un factor moi importante para coidar a nosa saúde. Déixovos as diferentes infografías que fixeron os nenos e nenas do cole coas que aprendemos unha morea de cousas sobre a alimentación e os hábitos de vida saudables.


DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Ademais de cantar a canción de Apertas que voan e traballar as súas estrofas na clase, escribíndoas nos muíños de vento de cores, tamén fixemos o MERCADO DAS CARICIAS, pois como nos decía o conto Ata que nos poidamos abrazar: " hai moitos xeitos de demostrarlle a alguén que o queres". 

Para estar sans temos que coidar a nosa alimentación, pero tamén a emoción e a convivencia entre nós. Por ese motivo, neste mercado, a pesar de non poder xuntarnos, cada neno e nena do cole recibiu un xesto cariñoso dos seus compañeiros.










DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

 Bos días, Berberech@s!

O día 21 de xaneiro foi o día mundial do ABRAZO...deses abrazos que pouco usamos dende que comezou a pandemia...eses que reconfortan, que nos achegan uns aos outros e que nos fan ter unha convivencia moito máis agradable, mais... aínda que non nos poidamos abrazar...hai moitas outras formas de lle demostrar a alguén que o queres.

Por iso, hoxe, en conmemoración do Día escolar da PAZ e da NON VIOLENCIA, os nenos e nenas de todo o cole, como padriños e madriñas lectoras que son, prepararon un contacontos para todos os seus afillados e afilladas. Para que a pesar de non poder xuntarnos, todos vexamos o conto "Ata que nos poidamos abrazar".

Desfrutádeo moito, porque tamén fixemos unha canción para que as nosas apertas cheguen a todos os nosos compañeiros/as: "Apertas que voan" (de Paco Nogueiras).


 CONTACONTOS: 

ATA QUE NOS POIDAMOS ABRAZAR

Padriños e madriñas lectoras de 3 anos: CONTO

Padriños e madriñas lectoras de 4 anos: CONTO

Padriños e madriñas lectoras de 5 anos: CONTO

Padriños e madriñas lectoras de 1º primaria: CONTO

Padriños e madriñas lectoras de 2º primaria: CONTO

Padriños e madriñas lectoras de 3º primaria: CONTO

Padriños e madriñas lectoras de 4º primaria: CONTO

Padriños e madriñas lectoras de 5º primaria: CONTO

Padriños e madriñas lectoras de 6º primaria:   CONTO


CANCIÓN: Apertas que voan


COCIÑAMOS EN FAMILIA

 Bos días, Berberech@s!

Despois de realizar o reto lector de cociña, e facer unhas receitas deliciosas coas vosas familias comezamos este trimestre a traballar a alimentación saudable. Aquí vos deixo o recetario que fixemos entre tod@s, consultádeo cando queirades!



DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

 O pasado 10 de outubro foi o Día Mundial da Saúde Mental e, xa que estamos co noso proxecto da saúde integral: Vivesan-Vilasan, sabemos que non hai saúde física se non hai saúde mental.

Por iso vos traio estas recomendacións lectoras que nos axudan a coidar a nosa mente. Desfrutádeas!