Ademais de cantar a canción de Apertas que voan e traballar as súas estrofas na clase, escribíndoas nos muíños de vento de cores, tamén fixemos o MERCADO DAS CARICIAS, pois como nos decía o conto Ata que nos poidamos abrazar: " hai moitos xeitos de demostrarlle a alguén que o queres".
Para estar sans temos que coidar a nosa alimentación, pero tamén a emoción e a convivencia entre nós. Por ese motivo, neste mercado, a pesar de non poder xuntarnos, cada neno e nena do cole recibiu un xesto cariñoso dos seus compañeiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario