Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura. Mostrar todas las entradas

Obradoiro de ilustración con Anxo Fariña!

Vivimos unha xornada moi especial no noso colexio coa visita do escritor e ilustrador galego Anxo Fariña, autor de moitos dos libros que podemos atopar na nosa biblioteca e que tanto gustan ao noso alumnado.

O alumnado participante no Club de Lectura de 5º e 6º tivo a sorte de compartir con el unha actividade moi divertida e creativa. Durante o encontro, Anxo falounos do seu traballo como escritor e ilustrador, explicándonos como nacen as historias, como crea as súas personaxes e de onde saca as ideas para os seus libros. Ademais, transmitiunos a importancia da imaxinación, da lectura e de atreverse sempre a crear.

E, como non podía ser doutro xeito… realizamos un "Obradoiro de ilustración" no que os nenos e nenas puideron poñer a proba as súas habilidades artísticas.

Entre lapis, rotuladores e moita creatividade, foron aprendendo trucos e técnicas para debuxar personaxes expresivos e orixinais.

O alumnado participou con moitísimo entusiasmo, compartindo ideas e desfrutando dunha experiencia moi enriquecedora.

Anxo Fariña mostrouse en todo momento moi cercano, amable e ameno, conseguindo crear un ambiente moi divertido no que non faltaron momentos sorprendentes.

Sen dúbida, foi unha actividade moi especial que nos deixou grandes aprendizaxes e, sobre todo, moitas ganas de seguir lendo e creando.

Para rematar a visita, quixemos entregarlle un pequeno agasallo como recordo do seu paso polo noso cole e para que non se esqueza de nós. Aínda así, esperamos que sexa el quen teña que volver para seguir compartindo connosco a súa creatividade e o seu talento.

Moitas grazas, Anxo, por dedicarnos parte da túa xornada e por facernos vivir unha experiencia tan bonita. Agardamos verte de novo moi pronto!

Creamos a Chave de Diamante de Amanda Black

 O alumnado de 5º e 6º participante no Club de Lectura rematou a lectura de Una herencia perigosa, da saga Amanda Black, converténdose despois en auténticos inventores.

Inspirándose na historia, cada grupo deseñou o seu propio prototipo da famosa Chave de Diamante, empregando moita imaxinación, creatividade e traballo en equipo.

Xurdiron chaves misteriosas, futuristas e cheas de detalles sorprendentes que demostran todo o talento do noso alumnado.

Unha experiencia lectora e creativa fantástica!

Arrinca unha nova aventura no Club de lectura! 📚✨

No Club de lectura estamos de estrea… e que estrea! Xa comezamos a traballar a nosa segunda obra: Amanda Black. Una herencia peligrosa. 
 
Desde as primeiras páxinas, a historia atrapounos cun ambiente cheo de misterio, segredos que piden ser descubertos e unha protagonista que promete darnos máis dun sobresalto. 
 
Todo apunta a que esta lectura vai ser desas que enganchan sen remedio, das que che fan pensar, teorizar e desexar que chegue xa a seguinte sesión para comentar que pasou. 
 
As nosas lectoras e lectores xa comezaron a lanzar hipóteses, a facerse pregunta e a deixar claro que esta aventura vai manternos expectantes e con ganas de máis. 
 
Seguiremos lendo, investigando e gozando desta historia tan intrigante. Isto non fixo máis que comezar!

Un booktrailer para mergullarnos no mar das microalgas!

O alumnado do Club de Lectura crea un booktrailer moi especial sobre a obra traballada, Microalgas. O mar de Ardora, da escritora e ilustradora galega Xulia Pizón. Trátase dun traballo no que combinan lectura e reflexión, coa finalidade de achegarnos a este libro e convidarnos a descubrilo.

Ao longo do mesmo, o alumnado comparte a súa valoración da lectura, destacando tanto a temática da historia como a maneira tan visual e coidada na que se nos presenta o mundo das microalgas e do mar.

Con este booktrailer, o alumnado non só amosa o que lle pareceu a obra, senón que tamén nos lanza unha mensaxe clara: anímannos a ler a obra e a deixarnos levar por esta aventura mariña tan especial.

🎬 Dádelle ao play e despois… a ler!

Benvid@s ao Club de lectura de Saleta!

Bo día, berberech@s!

O curso arrinca con forza e... con microalgas moi especiais!

O alumnado de 5º e 6º participante no Club de lectura xa está traballando arreo nunha nova aventura lectora que promete ser emotiva, visual e chea de creatividade. E que mellor maneira de comezar que cunha obra de banda deseñada fresca, colorida e chea de vida?

Estamos a falar de Microalgas. O mar de Ardora, da autora e ilustradora Xulia Pisón.

Microalgas é unha historia onde as pequenas cousas, tan pequenas que ás veces pasan desapercibidas, convértense nas protagonistas dun océano cheo de ciencia, ecoloxía e moita imaxinación. As viñetas de Xulia Pison son unha explosión de cor e movemento, perfectas para mergullarse nelas.

Animádevos a unirvos a esta iniciativa o vindeiro curso, a participar, a comentar, comrpartir, crear... Pero, sobre todo, a gozar da lectura!

Volve o Club de Lectura!

Bo día, berberech@s!

Atención, lectores e lectora de 5º e 6º!

O Club de lectura volve un ano máis e vén cheo de sorpresas. Preparádevos para viaxar sen saír do cole!

Se che gusta ler, imaxinar, compartir opinións e descubrir novos libros; ou tes curiodidade e ganas de pasalo ben, este é o teu espazo.

Estades preparados para iniciar unha nova aventura? 

Animádevos!


CLUB DE LECTURA

 

Bos días, Berberech@s!

O curso está a piques de rematar e, con el, remata tamén o Club de Lectura.

Como ben sabedes, no mes de febreiro comezamos un novo libro, “El ladrón de minutos”, do escritor zaragozano David Lozano.

A súa historia enganchounos dende o inicio. Gustounos un montón coñecer a historia de Edu, o atranco co seu aniversario e descubrir a succionadora de tempo: desta última mesmo construímos algúns prototipos.

Velaquí os tedes!





Chulos, verdade?

Tiñamos previsto reunirnos co autor para coñecelo, facerlle un montón de preguntas e ensinarlles os nosos modelos de succionadoras, pero finalmente non puido ser. Os escritores teñen unha vida ben atarefada!

Agardamos poder coñecer a David Lozano noutras ocasión. Polo de agora, enviámoslle as nosas preguntas, agardando que poida contestarnos.

O Club de Lectura despídese ata o vindeiro curso!



VISITA DE MARÍA CANOSA

 Bos días, Berberech@s!

O luns 10 de febreiro recibimos no cole unha visita moi especial. María Canosa achegouse á Escardia para compartir parte da xornada co alumnado participante no Club de Lectura e falar do seu libro “A cazadora de estrelas”.

Pasaron un ratiño xenial!



As nenas e nenos traballaron arreo para recibir á escritora, preparándolle varias sorpresa. Por suposto, non faltou un pequeno agasallo para que non os esqueza. Pero o que máis gustou á nosa protagonista foron as valoracións que fixeron do seu libro para animar a outras nenos e nenas a lelo.

Velaquí as tendes!


Xa sabedes que a rapazada da Escardia é ben curiosa, polo que tamén houbo momento para as preguntas e para que a escritora nos contase máis sobre a súa obra “A cazadora de estrelas” e o proceso escritor para creala.

Tamén nos dou algúns consellos para aprender a escribir mellor e contounos algunha que outra anécdota persoal. Foi súper interesante!



Aquí tendes o podcast para escoitar a entrevista ao completo e non perdervos nada.



 

Rematamos o encontro coa firma de libros e a bonita experiencia de coñecer a María.

Agardamos que volva á Escardia outro día!


CLUB DE LECTURA

 Rematado o existoso libro "A cazadora de estrelas" e, despois de ter unha visita da súa autora María Canosa, seguimos no noso club de lectura co "Ladrón de minutos".



CLUB DE LECTURA

Berberechos e Berberechas, estades preparados para iniciar unha nova aventura? O ano pasado gustounos moito a iniciativa do CLUB DE LECTURA por eso neste novo curso, queremos repetir. Estades convidado a participar o alumnado de 5º e 6º de primaria. 

Animádevos!



CLUB DE LECTURA

Rematamos o club de lectura por este curso. O alumnado de 5º e 6º do club de lectura quedou encantado co libro " A avoa gánster" e como actividade final decidimos facer unha empanada...que non de repolo, senon de xamón e queixo en forma de diamante, facendo unha merenda común mentres falabamos as últimas cousas do libro e como remate final, organizamos un scape room para poder saír da biblioteca. 
Así de ben o pasamos!








CLUB DE LECTURA

 Bos días, Berberechos e Berberechas!

Este ano, traemos como novidade a creación dun club de lectura para 5º e 6º de primaria.

O club reunirase os xoves na biblioteca, durante a hora de ler. Preparádevos para comezar esta nova aventura co libro: A AVOA GÁNSTER.

Adiante coas lecturas!