Bos días, Berberech@s!
O curso está a piques de
rematar e, con el, remata tamén o Club de Lectura.
Como ben sabedes, no mes
de febreiro comezamos un novo libro, “El ladrón de minutos”, do escritor
zaragozano David Lozano.
A súa historia enganchounos
dende o inicio. Gustounos un montón coñecer a historia de Edu, o atranco co seu
aniversario e descubrir a succionadora de tempo: desta última mesmo construímos
algúns prototipos.
Velaquí os tedes!
Chulos, verdade?
Tiñamos previsto reunirnos
co autor para coñecelo, facerlle un montón de preguntas e ensinarlles os nosos
modelos de succionadoras, pero finalmente non puido ser. Os escritores teñen
unha vida ben atarefada!
Agardamos poder coñecer a
David Lozano noutras ocasión. Polo de agora, enviámoslle as nosas preguntas,
agardando que poida contestarnos.
O Club de Lectura
despídese ata o vindeiro curso!
No hay comentarios:
Publicar un comentario