Mostrando entradas con la etiqueta Escardiáns polo mundo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escardiáns polo mundo. Mostrar todas las entradas

O TRASNO DAS LETRAS

Achégase o día das Letras Galegas e o noso Trasno das Letras enviou unha carta dende non sei que lugar do mundo propoñéndonos un novo reto.


Cumprimos o reto con éxito! Fixemos as nosas chapas e conseguimos un novo libro en galego para cada clase.


E así nos deixou o cole este Trasno fedello





DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano, o Día das Letras Galegas ás Cantareiras. As voces das mulleres galegas que reivindicaron a nosa lingua e tradición a través da música. 


En conmemoración, no noso centro organizamos diferentes actividades:

 Fixemos obradoiros de pandeireta tanto na clase de música como durante os recreos, iniciándonos nos ritmos básicos desta tradición:

  

Cumprimos con éxito a misión que nos encomendou o Trasno das Letras este ano. Inauguramos a tradicional Praza das Cantareiras no noso centro e o alumnado de sexto deleitounos cunha interpretación da canción "Tataravoa" do grupo Fillas de Cassandra.
E festexamos o noso día cunha romería, acompañados das mellores cantareiras, as nosas familias! Agasalladas cun pequeno obsequio feito coa nova impresora 3D.


AÍ VEN O MAIO!

 Aí ven o maio! Este ano, co tradicional maio cónico e un maio artístico do 1º ciclo relacionado co noso PDI de viaxes polo mundo: un fantástico avión!




DÍA DAS ARTES GALEGAS

 Este ano, no Día das Artes Galegas traballamos a tradicional cerámica de SARGADELOS, facendo creacións tan fantásticas como estas, aproveitando para xuntar a cultura galega de Sargadelos con elementos típicos doutros lugares do mundo que estamos a traballar no noso proxecto.



POESÍA, NARRATIVA, NOTICIAS, CÓMIC E TEATRO

 Nestes meses temos diferentes conmemoracións referentes a varios xéneros como é o día da POESÍA, o día do TEATRO, o día do CÓMIC, o día do LIBRO INFANTIL E XUVENIL, semana da PRENSA, etc. 

Por iso, o equipo da biblioteca preparou un ano máis, unha serie de actividades relacionadas con estes xéneros que pasarán polas clases para que todo o alumnado poda traballar sobre estes xéneros dunha forma lúdica e creativa, creando así pouco a pouco o noso banco de recursos de linguas. 






O alumnado de terceiro de primaria, tamén nos deixou en RadioSaleta esta chulada de podcast: " A volta ao mundo en verso".


SEMANA DA PRENSA

 Este ano, durante a SEMANA DA PRENSA creamos o recuncho de noticias polo mundo, cunha exposición de xornais de diferentes países. Achegádevos a velo!







8M

 Achégase o 8M e dende a biblioteca, creamos esta maleta das  Rosalías do mundo con reccursos para que nas aulas de infantil e primaria traballen unha muller destacada.




Así foi, que cada clase traballou unha das primeiras feministas do mundo, creando unha exposición marabillosa, cuxas ideas foron levadas ao pleno do Concello.









VOLTA AO MUNDO!

 Este ano co PDI escardiáns polo mundo, intentamos dar a volta ao mundo de forma saudable. Pedaleamos para facer quilómetros e chegar de volta ao noso destino.




DÍA DE ROSALÍA

 Este ano, co noso proxecto Escardiáns polo mundo, no día de Rosalía de Castro traballamos os seus poemas referidos á imigración dos galegos e galegas polo mundo. 

Na biblio deixamos á vosa disposición un montón de recursos para traballar a figura de Rosalía e a súa obra. 

E aquí amosamos algúns dos traballos que fixo o alumnado:

O alumnado de 4º de primaria traballou a Rosalía a través dos circuitos:


E o alumnado de 5º e 6º mergullouse na viaxe cara a Habana: