💜 LECTURAS DIVERSAS: libros para descubrir, aprender e reflexionar 💜
♀️8M. As mulleres que sosteñen Galicia
Cada 8 de marzo, Día Internacional da Muller, lembramos algo fundamental: a igualdade non é só un obxectivo, é un camiño que se constrúe día a día.
Con esta idea realizamos unha
actividade especial titulada “As mulleres que sosteñen Galicia”, unha
proposta pensada para descubrir, aprender e inspirarse coas historias de
mulleres galegas que deixan pegada na nosa sociedade.
A través da mesma, o
alumnado tivo a oportunidade de coñecer, de preto, diferentes referentes femininos de Galicia, mulleres que desde
ámbitos moi diversos contribúen a facer unha sociedade máis rica, máis xusta e diversa.
Entre elas atopamos:
A Alicia e Xulia, dúas mulleres da Asociación Pés de Barro, exemplo de compromiso social e cultural a través da loita pola conservación da nosa tradición.
A actriz galega Anabell Gago, que achega talento e voz á cultura galega.
Ou Bárbara Vázquez Naus, bateeira e actual presidenta do Club de Salvamento e Natación de Vilagarcía de Arousa, unha mostra de liderado feminino.
Tamén tivemos presente a figuras
do mundo cultural como Paula Carballeira, narradora, actriz e escritora
que leva anos facendo medrar a cultura galega a través da palabra, da escena e
da educación.
Pero isto non remata aquí!
A continuación poderedes ver o
resultado do traballo do alumnado que permitiu que o alumnado descubrira historias de esforzo, talento e
superación, comprendendo que detrás de cada avance social hai persoas
que traballan con paixón e compromiso.
Ao mesmo tempo, serviu para
reflexionar sobre algo moi importante:
aínda que se conseguiron moitos avances
na igualdade entre homes e mulleres, queda camiño por percorrer. Coñecer a estas mulleres e o seu
traballo é unha maneira de tomar
conciencia do logrado e tamén do que aínda debemos seguir construíndo entre
todas e todos.
Malia que o tempo non
nos permitiu saír a realizar a manifestación que estaba prevista, iso non
restou ilusión nin participación ao alumnado. Para pechar a xornada, o alumnado
de Educación Infantil
protagonizou unha cacerolada arredor do
colexio, enchendo o espazo de son, alegría e reivindicación, nun pequeno
pero significativo xesto para facer visible a importancia deste día.
Ademais, creouse un recuncho con lecturas recomendadas, con libros e materiais sobre mulleres galegas en distintos ámbitos: cultura, ciencia, deporte, acción social... Esta selección permitiu que o alumnado seguisse descubriendo historias de esforzo, talento e superación, comprendendo que detrás de cada avance social hai persoas que traballan con paixón e compromiso.
Porque seguir conmemorando o Día da Muller segue sendo necesario: para
lembrar, para aprender e para continuar avanzando cara a unha igualdade real.
🌊 Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar ♀️
Os corredores do cole convértense nun pequeno espazo de reflexión e aprendizaxe grazas á exposición “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”, unha iniciativa que nos achega a un tema tan importante como pouco visibilizado: o papel das mulleres no ámbito mariño.
A mostra forma parte dun proxecto promovido pola Deputación en colaboración coa Universidade de Vigo, e non só se queda en paneis informativos, senón que vai moito máis alá.
Leváronse a cabo algúns obradoiros, impartidos pola profesora da UVigo Tamara Amorín, que comezaron cunha charla na que, a través da mirada dunha nena, se explicou o problema da contaminación no mar, facendo reflexionar ao alumnado dun xeito próximo e doado de entender.
O alumnado descubriu o percorrido que seguen alimentos tan cotiáns como o atún en lata, coñecendo todo o proceso desde o mar ata que chega ás nosas casas; e púxose en valor o papel das mulleres neste sector, onde son maioría, pero moitas veces con traballos pouco visibles.
Para rematar, puxeron en práctica o aprendido cunha actividade de separación de residuos, demostrando que pequenos xestos poden facer unha gran diferenza.
Durante a xornada recibimos a visita da deputada de Igualdade, que compartiu tempo co profesorado e co alumnado, interesándose pola actividade e apoiando iniciativas que, como esta, constrúen unha sociedade máis xusta e consciente.
Este tipo de propostas deixan pegada. Non só polo que se aprende, senón polas sementes que se plantan: curiosidade, respecto polo medio e unha mirada máis ampla sobre o papel das mulleres no noso día a día.
"Coñece a Rosalía": letras, arte e igualdade
No marco do programa Donas de si, o noso alumnado participou nunha enriquecedora actividade centrada na figura de Rosalía de Castro, unha das escritoras máis importantes da literatura galega e universal.
Ao longo da xornada, o alumnado tivo a oportunidade de
achegarse á súa vida e obra, descubrindo curiosidades sobre a súa traxectoria
persoal e literaria. A través dunha metodoloxía dinámica e participativa,
coñeceron mellor o contexto no que viviu e o valor do seu legado na defensa da
lingua e da identidade galega.
Ademais, o alumnado tivo a oportunidade de dar renda
solta á súa creatividade realizando a súa propia ilustración de Rosalía,
interpretando a súa figura dende unha mirada persoal e artística. Cada debuxo
converteuse nun reflexo da imaxinación e da sensibilidade dos nenos e nenas,
que puxeron en práctica as súas destrezas no debuxo con resultados moi
orixinais e expresivos.
Esta xornada tamén serviu como espazo de reflexión sobre
a igualdade entre mulleres e homes, destacando o papel fundamental de figuras
femininas como Rosalía na historia. O alumnado amosou unha grande implicación e
participación.
Sen dúbida, foi unha xornada na que aprender, crear e reflexionar foron da man.
8M
Achégase o 8M e dende a biblioteca, creamos esta maleta das Rosalías do mundo con reccursos para que nas aulas de infantil e primaria traballen unha muller destacada.

SEMANA DA PRENSA
Temos moi preto a celebración do 8M e para iso, estamos entrevistando a un montón de mulleres que colaboran con nós para a realización da actividade. Así de ben facemos as entrevistas na radio!
8M
Este ano, seguindo a obra da artista Chiharu Shiota, na Escardia, montamos a nosa exposición "Medrando en igualdade", na que se recolle o traballo elaborado durante estes meses de entrevistas a mulleres inspiradoras da nosa contorna, cuxas entrevistas están colgadas na nosa exposición, acompañadas dunha estrutura artística composta de macetas elaboradas polo alumnado nas que se sementamos diferentes cardos, e agasallamos, unha vez rematada a exposición ás mulleres que colaboraron con nós para facer posible este proxecto, sementando igualdade.


.png)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.png)
.png)
.png)




.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)






.jpeg)

