Creatividade ao máis puro estilo Tim Burton! 🎃
🕸️🕷️Bo Samaín! 🎃
Esta semana vivimos uns días moi especiais, cheos de misterio, creatividade e, sobre todo, moitas ganas de pasalo ben. Dentro do noso proxecto "Un curso de película", o Samaín chegou cunha proposta moi cinematográfica que nos deixou auténticas obras de arte.
Un dos grandes atractivos foi a exposición de cabazas de cine. O alumnado sorprendeunos con creacións incribles, nas que os personaxes e as películas máis coñecidas cobraron vida dun xeito moi orixinal. Houbo moita imaxinación, traballo e ilusión detrás de cada cabaza.
As aulas tamén se vestiron para a ocasión e convertéronse en espazos cheos de pantasmas, arañas, cabazas e outros seres arrepiantes. E, como non podía ser doutro xeito, non faltaron as merendas de Samaín, con propostas terrorificamente apetitosas que compartiron entre compañeiras e compañeiros.
Ademais, ao longo destes días realizamos un montón de actividades diferentes: propostas artísticas, manualidades, construcións e creacións nas que cada quen puido deixar voar a súa imaxinación. Tamén puxemos a proba o noso enxeño e a capacidade de traballar en equipo cun divertido escape room, no que tivemos que resolver enigmas e superar retos.
ARTE: Samaín ao estilo cubista de Picasso.
E non podía faltar un dos momentos máis especiais: o apadriñamento e amadriñamento lector. Nesta ocasión, os libros enchéronse de historias de medo e misterio, de pantasmas, bruxas e outras personaxes propias destas datas.
Grazas a todo o alumnado e ás familias pola súa colaboración e por axudarnos a facer posible esta celebración tan especial.
E ata aquí a nosa película de Samaín!
Agardamos con ilusión a seguinte aventura… 🎥👻
🎙️ Samaín de película: Contos que soan de medo!
O Samaín chegou e, con el, os misterios, as sombras, as personaxes fantásticas e esas historias que nos fan sorrir, soñar… e mesmo tremer un pouquiño!
Este ano, o alumnado mergullouse no fascinante mundo da narración de contos, unha aventura chea de imaxinación na que tiveron cabida tanto historias inventadas por eles e elas como contos xa coñecidos que cobran vida cada vez que alguén os conta.
Esta actividade enmárcase dentro do noso proxecto "Un curso de película", no que exploramos novas formas de contar historias e descubrimos que, para crear unha boa película, non só precisamos unha cámara, senón tamén a nosa voz, un pouco de imaxinación e os sons axeitados.
Despois de preparar os seus relatos, o alumnado púxose mans á obra para experimentar cos efectos sonoros, xogar coas voces e descubrir como un ruído, un silencio ou un son inesperado poden transformar por completo unha historia ou escena. Pasos misteriosos, portas que renxen, ventos arrepiantes… Cada detalle conta!
Entre ensaios, gravacións e moitos momentos divertidos, os nosos pequenos e pequenas narradores e narradoras converteron as palabras en auténticas aventuras sonoras, demostrando que a maxia das historias está tamén na maneira de contalas.
O resultado? Unha colección de contos cheos de creatividade, emoción e son!
Así que apaga as luces, afina o oído e prepárate para entrar neste universo de historias.
🎧 Dálle ao play para gozar das narracións!
4º de Educación Infantil
5º de Educación Infantil
6º de Educación Infantil
1º de Educación Primaria
2º de Educación Primaria
3º de Educación Primaria
4º de Educación Primaria
5º de Educación Primaria
6º de Educación Primaria
🎃Queres coñecer os habitantes máis arrepiantes da biblioteca?
Este Samaín, a biblioteca énchese de novos misterios, aventuras e personaxes do máis arrepiante.
Momias
misteriosas, vampiros moi peculiares, esqueletos bailaríns, pantasmas
sorprendentes e ata o mismísimo Frankenstein están preparados para saír das
páxinas e converterse nos protagonistas das vosas historias.
Que
aventuras agochan estes libros? Darán moito medo ou farán que non poidades
parar de rir?
Quen
se atreve a abrir o primeiro libro?
Veña, lectores e lectoras valentes! Achegádevos á biblioteca, escollede o libro que máis vos chame a atención e deixádevos levar pola aventura. Se cadra, entre estas páxinas está agardando a vosa próxima personaxe favorita!
Atréveste
a descubrilos? 📖
🎃 LECTURAS PARA ESTE SAMAÍN 🎃
Achégase o Samaín e, con el, as ganas de ler historias que nos poñan os pelos de punta! 👻
Aquí atoparedes unha selección de lecturas terroríficas, misteriosas e divertidas para gozar destes días entre pantasmas, monstros, meigas e aventuras.
Apaga as luces e... atrévete a abrir o primeiro libro! 📖
BO SAMAÍN! 🎃
Benvidos ao Samaín máis arrepiantemente divertido!
Esta semana, o noso colexio encheuse de misterio, maxia e moita, moita imaxinación. As portas tremen, os corredores énchense de risas e algunha que outra cabaza parece mirarnos de esguello porque… chegou o Samaín!
O alumnado e as súas familias, cómplices desta aventura, trouxeron cabazas de todas as formas e cores, as cales decoraron en familia con moita creatividade, enxeño e bo humor. Unhas dan medo e outras fan rir, pero todas coinciden en ser unha verdadeira obra de arte.
Mais o Samaín non é só cousa de cabazas e sustos, tamén é tempo de compartir historias e lecturas. Así demos comezo aos apadriñamentos/amadriñamentos lectores, ofrecendo momentos máxicos coma estes arredor dos libros.
E como non podía faltar, o alumnado puxo o toque final coa súa imaxinación desbordante, facendo actividades e manualidades, seguindo receitas, creando historias, preparando merendas monstruosas...
Este Samaín deixounos claro que no noso cole non faltan artistas, contacontos nin soñadoras/es. Grazas a tod@s por facer desta celebración un día tan especial e cheo de maxia.
Ata o vindeiro Samaín!
🎧 Habelas, hainas...! 🎙️
Os berberechos e berberechas da Escardia convértense en podcasters polo Samaín!
O Samaín chegou ás aulas e trouxo consigo meigas, demos, trasgos... E mesmo algún que outro aparecido!
Este ano, o alumnado de Infantil e Primaria, "Descobre a Galiza máxica", mergullándose no mundo das lendas galegas, esas historias cheas de misterio que os nosos avós e avoas contaban á luz das candeas.
O resultado? Unha colección de lendas que mesturan medo, humor e tradición.
Escoita todos os episodios aquí: RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE SAMAÍN 🎃
Achégase o Samaín! E dende a biblioteca gustaríanos compartir unha recompilación de lecturas protagonizadas polas personaxes máis misteriosas e terroríficas.
O desafío de lectura do "Reto lector" deste mes está relacionado con esta data tan significativa para @s galeg@s!
Anímaste a superalo?
SAMAÍN
Chega o Samaín e un ano máis enchemos o noso cole de cabazas e realizamos actividades moi chulas para conmemoralo. Este ano traballamos nas aulas distintas lendas do mundo relacionadas coa festividade,
lemos contos de Samaín cos nosos padriños e madriñas lectores/as,
os nenos e nenas de 4º de primaria crearon arañas robóticas!
e fixemos un obradoiro de adornos de Samaín co lápis 3D.
SAMAÍN
Chega o Samaín á Escardia! E en Bibliosaleta queremos compartir unha morea de lecturas terroríficas de de misterio. Pasádevos pola biblioteca e poderedes desfrutar delas e así, tamén poderedes completar a primeira misión do reto lector deste ano.
SAMAÍN
Este curso polo Samaín, os nenos e nenas de infantil e primaria crearon uns monstros terroríficos e fixemos unha exposición de cabazas.
"Os e as chefs de 4º de Primaria elaboraron un recetario de "Receitas noxentas" polo Samaín. O obxectivo, elaborar pratos que conquistasen ás arrepiantes personaxes que dominaron os corredores do cole durante este día.
Agardamos que vos guste!"
LECTURAS DE SAMAÍN
Bos días, Berberech@s!
Hoxe temos preparadas unhas lecturas e actividades para Samaín.
RETO LECTOR OUTUBRO: CONTOS DE MEDO E TERROR
Comezamos outubro co reto lector deste mes, contos de medo e de terror...Estades preparad@s para Samaín?


















.png)







.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
