Benvidos ao Samaín máis arrepiantemente divertido!
Esta semana, o noso colexio encheuse de misterio, maxia e moita, moita imaxinación. As portas tremen, os corredores énchense de risas e algunha que outra cabaza parece mirarnos de esguello porque… chegou o Samaín!
O alumnado e as súas familias, cómplices desta aventura, trouxeron cabazas de todas as formas e cores, as cales decoraron en familia con moita creatividade, enxeño e bo humor. Unhas dan medo e outras fan rir, pero todas coinciden en ser unha verdadeira obra de arte.
Mais o Samaín non é só cousa de cabazas e sustos, tamén é tempo de compartir historias e lecturas. Así demos comezo aos apadriñamentos/amadriñamentos lectores, ofrecendo momentos máxicos coma estes arredor dos libros.
E como non podía faltar, o alumnado puxo o toque final coa súa imaxinación desbordante, facendo actividades e manualidades, seguindo receitas, creando historias, preparando merendas monstruosas...
Este Samaín deixounos claro que no noso cole non faltan artistas, contacontos nin soñadoras/es. Grazas a tod@s por facer desta celebración un día tan especial e cheo de maxia.
Ata o vindeiro Samaín!
No hay comentarios:
Publicar un comentario