Os berberechos e berberechas da Escardia convértense en podcasters polo Samaín!
O Samaín chegou ás aulas e trouxo consigo meigas, demos, trasgos... E mesmo algún que outro aparecido!
Este ano, o alumnado de Infantil e Primaria, "Descobre a Galiza máxica", mergullándose no mundo das lendas galegas, esas historias cheas de misterio que os nosos avós e avoas contaban á luz das candeas.
Despois de investigar, ensaiar e poñer moita imaxinación, decidiron compartir o seu traballo dunha forma moi especial: gravando podcasts en galego.
O resultado? Unha colección de lendas que mesturan medo, humor e tradición.Puxéronlle voz, son e emoción a estas historias. Algunhas darán risa e outras, calafríos!
Así que apaga as luces, colle unha manta e prepárate para escoitar os nosos podcasts de Samaín. Déixate levar polo misterio e descubre como soa a tradición contada con acento galego.
Escoita todos os episodios aquí: 4º de Educación Infantil
5º de Educación Infantil
6º de Educación Infantil
1º de Educación Primaria
2º de Educación Primaria
3º de Educación Primaria
4º de Educación Primaria
5º de Educación Primaria
6º de Educación Primaria
No hay comentarios:
Publicar un comentario