Mostrando entradas con la etiqueta RadioSaleta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RadioSaleta. Mostrar todas las entradas

♀️8M. As mulleres que sosteñen Galicia

Cada 8 de marzo, Día Internacional da Muller, lembramos algo fundamental: a igualdade non é só un obxectivo, é un camiño que se constrúe día a día.

Con esta idea realizamos unha actividade especial titulada “As mulleres que sosteñen Galicia”, unha proposta pensada para descubrir, aprender e inspirarse coas historias de mulleres galegas que deixan pegada na nosa sociedade.

A través da mesma, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer, de preto, diferentes referentes femininos de Galicia, mulleres que desde ámbitos moi diversos contribúen a facer unha sociedade máis rica, máis xusta e diversa.

Entre elas atopamos:

A Alicia e Xulia, dúas mulleres da Asociación Pés de Barro, exemplo de compromiso social e cultural a través da loita pola conservación da nosa tradición.

.

A actriz galega Anabell Gago, que achega talento e voz á cultura galega.

Ou Bárbara Vázquez Naus, bateeira e actual presidenta do Club de Salvamento e Natación de Vilagarcía de Arousa, unha mostra de liderado feminino.


Tamén tivemos presente a figuras do mundo cultural como Paula Carballeira, narradora, actriz e escritora que leva anos facendo medrar a cultura galega a través da palabra, da escena e da educación.

Pero isto non remata aquí!

A continuación poderedes ver o resultado do traballo do alumnado que permitiu que o alumnado descubrira historias de esforzo, talento e superación, comprendendo que detrás de cada avance social hai persoas que traballan con paixón e compromiso.


Ao mesmo tempo, serviu para reflexionar sobre algo moi importante:
aínda que se conseguiron moitos avances na igualdade entre homes e mulleres, queda camiño por percorrer. Coñecer a estas mulleres e o seu traballo é unha maneira de tomar conciencia do logrado e tamén do que aínda debemos seguir construíndo entre todas e todos.

Malia que o tempo non nos permitiu saír a realizar a manifestación que estaba prevista, iso non restou ilusión nin participación ao alumnado. Para pechar a xornada, o alumnado de Educación Infantil protagonizou unha cacerolada arredor do colexio, enchendo o espazo de son, alegría e reivindicación, nun pequeno pero significativo xesto para facer visible a importancia deste día.


Ademais, creouse un recuncho con lecturas recomendadas, con libros e materiais sobre mulleres galegas en distintos ámbitos: cultura, ciencia, deporte, acción social... Esta selección permitiu que o alumnado seguisse descubriendo historias de esforzo, talento e superación, comprendendo que detrás de cada avance social hai persoas que traballan con paixón e compromiso.


Porque seguir conmemorando o Día da Muller segue sendo necesario: para lembrar, para aprender e para continuar avanzando cara a unha igualdade real.

Estamos orgullos@s de ser galeg@s por... as nosas marabillas!

Na área de Proxecto competencial, o alumnado de 4º de Primaria púxose mans á obra para descubrir, investigar e presumir dun dos tesouros máis grandes que temos: as marabillas de Galicia. E podemos dicir ben alto. Estamos orgullosos e orgullosas de ser galegos e galegas!

Durante varias semanas convertéronse en auténticos investigadores e investigadoras. Buscaron información, aprenderon curiosidades e descubriron moitas cousas sorprendentes sobre distintos monumentos e lugares emblemáticos da nosa terra.

Pero non quedamos só na investigación… tamén puxeron a súa imaxinación, creatividade e habilidades artísticas a traballar!

Cada grupo elaborou maquetas das “Seis marabillas galegas”, (segundo eles/as) feitas con materiais diferentes e con moito mimo: cartón, papel, plastilina, pintura e outros elementos que lles deron forma ás súas creacións. O resultado foi unha exposición chea de detalle e moito orgullo pola nosa cultura.

E aquí vén a parte máis especial da actividade! Cada maqueta vai acompañada dun código QR. Se o escaneades, poderedes escoitar os audios do alumnado, no que explican as características máis importantes de cada marabilla, curiosidades e datos interesantes que descubriron durante a súa investigación.

Onde se atopa a exposición?

No corredor do primeiro andar do colexio, onde as nosas marabillas galegas xa están esperando polas vosas visitas.

Estamos seguros de que vos vai encantar descubrir todo o que aprenderon e todo o que foron capaces de crear.

Ssssshh! Grávase 🎙️

Hoxe o alumnado de 5º de Educación Primaria viviu unha auténtica xornada formativa en radio da man de Damián, de Ponte...nas ondas, nunha mañá tan produtiva como divertida.

Ao longo da sesión, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de crear os seus propios guións, poñer en xogo a súa imaxinación e lanzarse ao mundo da comunicación. Non faltaron as risas, os momentos improvisados, as representacións espontáneas nin tampouco algún que outro reporteiro ou reporteira de clase, que soubo dar forma ás súas intervencións dun xeito ameno, motivador e moi entretido.

Foi unha experiencia marabillosa na que o alumnado participou con entusiasmo… e na que as profes tamén puideron pasalo moi ben, sumándose ás actividades e gozando do proceso creativo.

O resultado final desta xornada tan especial son distintos podcasts, froito do traballo en equipo e da ilusión posta en cada actividade, que xa podedes escoitar a continuación.

👉Grazas, Damián, por compartir connosco esta experiencia tan enriquecedora. Agardamos volver a verte pronto ou coincidir de novo nalgún outro proxecto.

🎧 Dádelle ao play e desfrutade do talento do noso alumnado! 🎧

🎧 Habelas, hainas...! 🎙️

Os berberechos e berberechas da Escardia convértense en podcasters polo Samaín!

O Samaín chegou ás aulas e trouxo consigo meigas, demos, trasgos... E mesmo algún que outro aparecido! 

Este ano, o alumnado de Infantil e Primaria, "Descobre a Galiza máxica", mergullándose no mundo das lendas galegas, esas historias cheas de misterio que os nosos avós e avoas contaban á luz das candeas.

Despois de investigar, ensaiar e poñer moita imaxinación, decidiron compartir o seu traballo dunha forma moi especial: gravando podcasts en galego. 
 
💀 O resultado? Unha colección de lendas que mesturan medo, humor e tradición.
Puxéronlle voz, son e emoción a estas historias. Algunhas darán risa e outras, calafríos! 
Así que apaga as luces, colle unha manta e prepárate para escoitar os nosos podcasts de Samaín. Déixate levar polo misterio e descubre como soa a tradición contada con acento galego.
 
🎧 Escoita todos os episodios aquí: 
 4º de Educación Infantil 5º de Educación Infantil 6º de Educación Infantil 1º de Educación Primaria 2º de Educación Primaria 3º de Educación Primaria 4º de Educación Primaria 5º de Educación Primaria 6º de Educación Primaria

POESÍA, NARRATIVA, NOTICIAS, CÓMIC E TEATRO

 Nestes meses temos diferentes conmemoracións referentes a varios xéneros como é o día da POESÍA, o día do TEATRO, o día do CÓMIC, o día do LIBRO INFANTIL E XUVENIL, semana da PRENSA, etc. 

Por iso, o equipo da biblioteca preparou un ano máis, unha serie de actividades relacionadas con estes xéneros que pasarán polas clases para que todo o alumnado poda traballar sobre estes xéneros dunha forma lúdica e creativa, creando así pouco a pouco o noso banco de recursos de linguas. 






O alumnado de terceiro de primaria, tamén nos deixou en RadioSaleta esta chulada de podcast: " A volta ao mundo en verso".


DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

No Día da Paz e a Non Violencia, o alumnado traballou sobre diferentes conflitos bélicos

                        


empregando RadioSaleta para recoller toda a información que aprenderon. Podedes acceder aos podcast clicando no seguinte enlace:

O alumnado do club de ciencias tamén elaborou un percorrido co Tren Intelino con varias estacións da PAZ, sobre cada un dos conflitos existentes no mundo traballados en cada clase. Para iso, traballamos a programación, a construción de estacións con lego e a creación de bandeiras co lápis 3D. Así de chulo quedou:




E como non, rematamos a xornada cantando xuntos a canción "WE ARE THE WORLD".