O Samaín chegou e, con el, os misterios, as sombras, as personaxes fantásticas e esas historias que nos fan sorrir, soñar… e mesmo tremer un pouquiño!
Este ano, o alumnado mergullouse no fascinante mundo da narración de contos, unha aventura chea de imaxinación na que tiveron cabida tanto historias inventadas por eles e elas como contos xa coñecidos que cobran vida cada vez que alguén os conta.
Esta actividade enmárcase dentro do noso proxecto "Un curso de película", no que exploramos novas formas de contar historias e descubrimos que, para crear unha boa película, non só precisamos unha cámara, senón tamén a nosa voz, un pouco de imaxinación e os sons axeitados.
Despois de preparar os seus relatos, o alumnado púxose mans á obra para experimentar cos efectos sonoros, xogar coas voces e descubrir como un ruído, un silencio ou un son inesperado poden transformar por completo unha historia ou escena. Pasos misteriosos, portas que renxen, ventos arrepiantes… Cada detalle conta!
Entre ensaios, gravacións e moitos momentos divertidos, os nosos pequenos e pequenas narradores e narradoras converteron as palabras en auténticas aventuras sonoras, demostrando que a maxia das historias está tamén na maneira de contalas.
O resultado? Unha colección de contos cheos de creatividade, emoción e son!
Así que apaga as luces, afina o oído e prepárate para entrar neste universo de historias.
🎧 Dálle ao play para gozar das narracións!
4º de Educación Infantil
5º de Educación Infantil
6º de Educación Infantil
1º de Educación Primaria
2º de Educación Primaria
3º de Educación Primaria
4º de Educación Primaria
5º de Educación Primaria
6º de Educación Primaria


No hay comentarios:
Publicar un comentario