Mostrando entradas con la etiqueta Apadriñamentos lectores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Apadriñamentos lectores. Mostrar todas las entradas

🌹 23F. Celebramos o Día de Rosalía!🌹

Cada 23 de febreiro celebramos con orgullo o Día de Rosalía de Castro, unha das voces máis importantes da nosa literatura e símbolo da nosa lingua e identidade. Pero no cole non nos conformamos cun só día!

Ao longo de toda esta semana, e mesmo durante todo o mes de febrero, mergullámonos no seu universo poético: coñecemos os seus poemas, sentimos as súas palabras e descubrimos como a poesía pode emocionar, facer pensar… e tamén divertir!

🌼 “Polo Día de Rosalía que agrome a poesía” 🌼

Este foi o nome da actividade estrela da semana. E non puido ser máis fermosa!

O alumnado converteuse en xardineiro da palabra e puxo mans á obra para crear unha plantación moi especial. Cada nena e neno o aula elaborou unha flor única, diferente e chea de personalidade. Nas súas follas escribiron poemas de Rosalía ou inventados por eles e elas, deixando voar a súa imaxinación.

O resultado? Unha auténtica explosión de creatividade! Un xardín onde reinan as cores vivas e alegres, a imaxinación sen límites, as distintas técnicas plásticas e, por riba de todo, o amor pola poesía.

Cada flor é diferente, como cada poeta. Cada pétalo agocha palabras que emocionan. Cada talo sostén ilusión e esforzo.

Ademais, durante todo o mes de febreiro contamos tamén cun recuncho de lectura dedicado a Rosalía e á poesía. Un espazo preparado para convidar á calma, á lectura compartida e ao descubrimento de novos versos.


Libros de poesía, seleccións adaptadas ao alumnado, recomendacións lectoras… Todo disposto para que quen quixese puidese achegarse, sentar e deixar que a palabra poética fixese o resto.

E non só iso! Lembramos que o desafío de lectura mensual do “Reto lector” do mes de febrero encheu o noso centro de ritmo, musicalidade e emoción. Porque a poesía non só se le… tamén se escoita, se sente e se comparte.   

Ao longo destas semanas tamén levamos a cabo unha fermosa experiencia de apadriñamento/amadriñamento lector entre maiores e cativos/as.

Nesta ocasión, a temática non podía ser outra: a poesía.

Os maiores convertéronse en guías e modelos lectores, compartindo versos, explicando significados e acompañando aos máis pequenos na descuberta do ritmo e da musicalidade das palabras.

Foron momentos de complicidade, aprendizaxe compartida e moita emoción.

Celebrar o Día de Rosalía é celebrar a nosa lingua, a nosa cultura e a forza das palabras. Pero, sobre todo, é lembrar que a poesía pode agromar en calquera lugar… se a coidamos. E no noso cole, este ano, a poesía floreceu con máis forza ca nunca. 🌷✨

Última xuntanza lectora do ano

Hoxe celebramos a última xuntanza do amadriñamento/apadriñamento lector, que ademais foi a derradeira do ano

Os afillados e afilladas reuníronse cos seus padriños e madriñas para compartir algo moi especial: a lectura dun libro xuntos. Foi un momento cheo de historias e risas. 

Ler acompañados axúdanos a entender mellor os contos, a perder o medo a ler en voz alta e a descubrir que os libros poden ser grandes amigos. 

Ademais, compartir a lectura fai que nos sintamos máis unidos e que aprender sexa máis divertido.

Grazas a todos e todas por formar parte desta aventura lectora.
Vémonos o ano que vén, no 2026, para seguir lendo xuntos!



BO SAMAÍN! 🎃

Benvidos ao Samaín máis arrepiantemente divertido! 

Esta semana, o noso colexio encheuse de misterio, maxia e moita, moita imaxinación. As portas tremen, os corredores énchense de risas e algunha que outra cabaza parece mirarnos de esguello porque… chegou o Samaín!

O alumnado e as súas familias, cómplices desta aventura, trouxeron cabazas de todas as formas e cores, as cales decoraron en familia con moita creatividade, enxeño e bo humor. Unhas dan medo e outras fan rir, pero todas coinciden en ser unha verdadeira obra de arte.

Mais o Samaín non é só cousa de cabazas e sustos, tamén é tempo de compartir historias e lecturas. Así demos comezo aos apadriñamentos/amadriñamentos lectores, ofrecendo momentos máxicos coma estes arredor dos libros.

E como non podía faltar, o alumnado puxo o toque final coa súa imaxinación desbordante, facendo actividades e manualidades, seguindo receitas, creando historias, preparando merendas monstruosas...


Este Samaín deixounos claro que no noso cole non faltan artistas, contacontos nin soñadoras/es. Grazas a tod@s por facer desta celebración un día tan especial e cheo de maxia. 

Ata o vindeiro Samaín!

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 Chega o bo tempo e con el, as ganas de ler na natureza. Un momento de desfrutar da lectura entre padriños, madriñas e afillados/as.










SAMAÍN

 Chega o Samaín e un ano máis enchemos o noso cole de cabazas e realizamos actividades moi chulas para conmemoralo. Este ano traballamos nas aulas distintas lendas do mundo relacionadas coa festividade,


lemos contos de Samaín cos nosos padriños e madriñas lectores/as,







os nenos e nenas de 4º de primaria crearon arañas robóticas!


e fixemos un obradoiro de adornos de Samaín co lápis 3D.



APADRIÑAMENTOS LECTORES

 Bo día, Berberech@s!

Vexo que vos gusta moito a hora de lectura dos venres, por iso, para que tod@s poidamos desfrutar das lecturas, déixovos aquí unhas normas que entre tod@s podemos cumprir.

VISITA DE PAPÁ NOEL

Hoxe na Escardia recibimos a visita de Papá Noel, na que todo o alumnado puido falar con el e entregar a súa carta para Nadal.





Ademais, todos os padriños e madriñas puideron realizar o intercambio de tarxetas cos seus afillados/as.



APADRIÑAMENTOS LECTORES

 Bos días!

Hoxe comezamos cos APADRIÑAMENTOS LECTORES, nos que cada neno e nena terá un padriño ou madriña lectora coa que compartirá as lecturas dos venres e desfrutarán xuntos durante a hora de ler!