Bo día, berberech@s!
Comezamos un novo "Reto lector" con desafíos mensuais.
Despedimos outro curso xunto aos nosos axudantes de biblioteca e a todos os berberechos e berberechas que conseguiron completar o reto lector deste curso.
Como recoñecemento ao seu traballo, esforzo e compromiso coa lectura, os axudantes elaboraron estas fantásticas bolsas e o equipo da biblioteca deseñou e creou, coa cortadora láser, estes chulísimos lapis e marcapáxinas personalizados da nosa biblioteca.
Alumnado que superou o Reto lector:
Maio chega cargado de flores e de historias para descubrir!
Este mes propoñémosvos lecturas moi especiais para celebrar as nosas tradicións e as nosas letras:
Animádevos a descubrilos, lelos… e, por suposto, pasade pola biblioteca para botarlles unha ollada e levalos en préstamo!
E non vos esquezades do reto lector! O desafío deste mes é ler unha obra en galego.
Este mes de abril, as nosas recomendacións lectoras mergúllanse de cheo no apaixonante mundo da banda deseñada, un xénero que nos invita a ler dun xeito diferente e moi divertido.
📖 Ademais, a banda deseñada convértese tamén no reto mensual de abril dentro do noso Reto lector!
As historias en cómic son moito máis que debuxos: son aventuras cheas de emoción, humor e imaxinación, onde cada viñeta conta algo especial. Por iso, propoñémosvos convertervos en auténticos expertos lectores deste xénero, prestando atención á orde das viñetas, aos diálogos e aos pequenos detalles que fan que cada historia cobre vida.
No recuncho de recomendacións lectoras atoparedes algúns dos recursos e propostas que temos preparados para vós: cómics divertidos e recomendacións feitas polos voluntarios e voluntarias de biblioteca.
Animádevos a mergullarvos neste universo de cores e aventuras. Quen sabe! Quizais o próximo gran cómic saia da vosa imaxinación!
Cada 23 de febreiro celebramos con orgullo o Día de Rosalía de Castro, unha das voces máis importantes da nosa literatura e símbolo da nosa lingua e identidade. Pero no cole non nos conformamos cun só día!
Ao longo de toda esta semana, e mesmo durante todo o mes de febrero, mergullámonos no seu universo poético: coñecemos os seus poemas, sentimos as súas palabras e descubrimos como a poesía pode emocionar, facer pensar… e tamén divertir!
🌼 “Polo Día de Rosalía que agrome a poesía” 🌼
Este
foi o nome da actividade estrela da semana. E non puido ser máis fermosa!
O
alumnado converteuse en xardineiro da palabra e puxo mans á obra para crear
unha plantación moi especial. Cada nena e neno o aula elaborou unha flor única,
diferente e chea de personalidade. Nas súas follas escribiron poemas de Rosalía
ou inventados por eles e elas, deixando voar a súa imaxinación.
O resultado? Unha auténtica explosión de
creatividade! Un
xardín onde reinan as cores vivas e alegres, a imaxinación sen límites, as
distintas técnicas plásticas e, por riba de todo, o amor pola poesía.
Cada
flor é diferente, como cada poeta. Cada pétalo agocha palabras que emocionan.
Cada talo sostén ilusión e esforzo.
Ademais,
durante todo o mes de febreiro contamos tamén cun recuncho de lectura dedicado
a Rosalía e á poesía. Un espazo preparado para convidar á
calma, á lectura compartida e ao descubrimento de novos versos.
Libros
de poesía, seleccións adaptadas ao alumnado, recomendacións lectoras… Todo
disposto para que quen quixese puidese achegarse, sentar e deixar que a palabra
poética fixese o resto.
E non só iso! Lembramos que o desafío de lectura mensual do “Reto lector” do mes de febrero encheu o noso centro de ritmo, musicalidade e emoción. Porque a poesía non só se le… tamén se escoita, se sente e se comparte.
Ao
longo destas semanas tamén levamos a cabo unha fermosa experiencia de
apadriñamento/amadriñamento lector entre maiores e cativos/as.
Nesta
ocasión, a temática non podía ser outra: a poesía.
Os maiores convertéronse en guías e modelos lectores, compartindo versos, explicando significados e acompañando aos máis pequenos na descuberta do ritmo e da musicalidade das palabras.
Foron
momentos de complicidade, aprendizaxe compartida e moita emoción.
Celebrar
o Día de Rosalía é celebrar a nosa lingua, a nosa cultura e a forza das
palabras. Pero, sobre todo, é lembrar que a poesía pode agromar en calquera
lugar… se a coidamos. E no noso cole, este ano, a poesía floreceu con máis
forza ca nunca. 🌷✨
Bo día, berberech@s!
Comezamos un novo "Reto lector" con desafíos mensuais.
Boas Berberech@s!
Chega o mes de abril cun novo reto para completar o noso reto lector. Toca ler CÓMIC!! Tedes na biblioteca unha morea de libros de banda deseñada para desfrutar deles. Adiante coas lecturas!!
Chega o Samaín á Escardia! E en Bibliosaleta queremos compartir unha morea de lecturas terroríficas de de misterio. Pasádevos pola biblioteca e poderedes desfrutar delas e así, tamén poderedes completar a primeira misión do reto lector deste ano.
Este ano, o número de alumnos e alumnas que realizaron o reto lector foi moito máis elevado que o pasado curso. Por iso, entregamos os diplomas e os merecidos agasallos realizados coa nosa impresora 3d aos super lectores e lectoras de infantil e de primaria.
Desfrutade das lecturas!
Chega decembro e continuamos na biblio co reto lector. Este mes toca escoller un libro para ler en familia. Adiante coas lecturas!
Comezamos outubro co reto lector deste mes, contos de medo e de terror...Estades preparad@s para Samaín?
Bos días, Berberech@s!
Comezamos un novo reto lector.
Cada mes teremos unha nova temática para ler. Desfrutade das lecturas!
Rematamos o curso facendo entrega dun pequeno agasaio a todos os nenos e nenas que, desfrutando das lecturas durante este curso, conseguiron completar o reto lector, e aos axudantes de biblioteca que colaboraron en todas as tarefas deste curso.
Noraboa a tod@s!
Xa queda menos para rematar o noso reto lector.
Este mes de marzo comezamos coas lecturas de teatro.
Deixamos aquí algunhas das recomendacións lectoras de teatro máis chulas da nosa biblio.
Bo día, Berberech@s!
No mes de xaneiro tivemos o reto lector de arte e, os nenos e nenas de 6º de primaria traballaron na materia de plástica a figura de Picasso, creando estas fantásticas representacións.
Mirade que chulas quedaron!