ATA O VINDEIRO CURSO, BERBERECH@S!

Despedimos outro curso xunto aos nosos axudantes de biblioteca e a todos os berberechos e berberechas que conseguiron completar o reto lector deste curso.

Como recoñecemento ao seu traballo, esforzo e compromiso coa lectura, os axudantes elaboraron estas fantásticas bolsas e o equipo da biblioteca deseñou e creou, coa cortadora láser, estes chulísimos lapis e marcapáxinas personalizados da nosa biblioteca.

Alumnado que superou o Reto lector:


Axudantes de biblioteca:
 
 
Grazas por formar parte desta aventura lectora!
Agardámosvos o vindeiro curso con moitas máis historias por descubrir!

No hay comentarios:

Publicar un comentario