O alumnado de 5º de Primaria elaborou e representou este Kamishibai para os máis pequenos do cole!
CONTACONTOS POLA IGUALDADE
Esta semana, preparándonos para o 25N as nenas de sexto realizaron uns contacontos sobre igualdade de xénero para os máis pequenos do cole, achegándonos así, un pouquiño máis a conseguir o obxectivo 5 da Axenda 20-30:
E para ler máis contos sobre este tema, déixovos unhas recomendacións lectoras fabulosas. Desfrutádeas!
CONTACONTOS DE SAMAÍN
Queda pouco para Samaín, e as nosas axudantes de biblioteca xa están a preparar cousas moi chulas, como este contacontos sobre o libro "Feliz Halloween" que fixeron cos nenos e nenas de 5 anos.
Quedaron encantad@s!
CONTOS CON CROMA
Os nenos e nenas de 1º de primaria fixeron este vídeo tan chulo sobre o conto "A mellor sopa do mundo". Seguro que vos gusta un montón!
SIGNACONTOS NA BIBLIOTECA
Hoxe tivemos o pracer de ter na nosa biblioteca un contacontos moi especial, xa que estaba contado con lingua de signos. Era un signaconto!
Pasámolo xenial grazas a fantástica labor de Hilda e Camilo,
da asociación FAXPG, quenes nos introduciron no mundo da linguaxe de signos a través duns marabillosos contos. E ademais, tamén aprendimos algúns signos de animais.
DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Bos días, Berberech@s!
O día 21 de xaneiro foi o día mundial do ABRAZO...deses abrazos que pouco usamos dende que comezou a pandemia...eses que reconfortan, que nos achegan uns aos outros e que nos fan ter unha convivencia moito máis agradable, mais... aínda que non nos poidamos abrazar...hai moitas outras formas de lle demostrar a alguén que o queres.
Por iso, hoxe, en conmemoración do Día escolar da PAZ e da NON VIOLENCIA, os nenos e nenas de todo o cole, como padriños e madriñas lectoras que son, prepararon un contacontos para todos os seus afillados e afilladas. Para que a pesar de non poder xuntarnos, todos vexamos o conto "Ata que nos poidamos abrazar".
Desfrutádeo moito, porque tamén fixemos unha canción para que as nosas apertas cheguen a todos os nosos compañeiros/as: "Apertas que voan" (de Paco Nogueiras).
CONTACONTOS:
ATA QUE NOS POIDAMOS ABRAZAR
Padriños e madriñas lectoras de 3 anos: CONTO
Padriños e madriñas lectoras de 4 anos: CONTO
Padriños e madriñas lectoras de 5 anos: CONTO
Padriños e madriñas lectoras de 1º primaria: CONTO
Padriños e madriñas lectoras de 2º primaria: CONTO
Padriños e madriñas lectoras de 3º primaria: CONTO
Padriños e madriñas lectoras de 4º primaria: CONTO
Padriños e madriñas lectoras de 5º primaria: CONTO
Padriños e madriñas lectoras de 6º primaria: CONTO
CANCIÓN: Apertas que voan
CONTACONTOS DE NADAL
Para desfrutar este último día de clase, traemos uns contacontos de cociña e Nadal, preparados polos nenos e nenas de 4º, 5º e 6ºB:
"El Cascanueces", "Niccolo Pesce" e "Yon y su abuelo"
Esperamos que vos gusten!
CONTACONTOS DE SOMBRAS EN SAMAÍN
Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria crearon unhas historias de Samaín que representaron nun teatro de sombras musicado.
Imos desfrutra destas historias de Samaín!
CONTACONTOS DE SAMAÍN
Este Samaín está cheo de contos, e por iso, o profe Abraham e a profe India fixeron un fermoso contacontos en inglés e galego sobre "The Gruffalo" para todos os nenos e nenas do noso cole.
Mirade que chulo!

.jpeg)
.jpeg)




.png)
