Chegou o momento de etiquetar os libros das nosas bibliotecas de aula e para iso, todo o alumnado colaborou traballando así a CDU e a clasificación dos distintos libros.
O TRASNO DAS LETRAS
" Chega o día e o Trasno espera, a facer das súas polas Letras Galegas"
Este ano recibimos unha carta confidencial nas nosas aulas...Era o TRASNO DAS LETRAS! Se queríamos que nos deixase os seus agasallos debíamos deiaxr unha mensaxe en forma de verso.
Así escribimos nós os nosos versos...
e así nos deixou o Trasno o cole!!! Aínda que como este ano está adicado ao cómic, de agasallo trouxo un par de cómics en galego para cada clase.
LETRAS GALEGAS: O TRASNO DAS LETRAS
Onte, 17 de maio foi o Día das Letras Galegas, e como cada ano, o Trasno das Letras visitou o noso cole, deixando uns agasallos en galego para as bibliotecas de aula, dotándoas de contos inclusivos e en galego. Desfrutade dos agasallos do Trasno!
YINCANA MATEMÁTICA
Bos días, Berberech@s!
Rematamos o trimestre cunha yincana matemática que nos trae unha sorpresa moi chula para as nosas bibliotecas de aula par así, activar a nosa lóxica, a concentración e a atención a través de divertidas historias.
Así de ben o pasamos!