Mostrando entradas con la etiqueta Letras galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras galegas. Mostrar todas las entradas

O Trasno das Letras volveu facer das súas!

Co gallo das Letras Galegas, o noso xa coñecido e revoltoso Trasno das Letras regresou ao centro disposto a enredar un pouco e tamén a sorprendernos!

Nesta ocasión deixounos un reto moi especial, tiñamos que construír e crear un pareado. Entre ideas xeniais e bastante imaxinación, conseguimos superalo con nota!

Pero claro, sendo un trasno, non podía marchar sen facer algunha das súas trasnadas. Revolveu aulas, puxo o centro patas arriba e deixou pegadas das súas brincadeiras.

Como recompensa polo noso traballo e pola paciencia coas súas falcatruadas, agasallounos con dous libros en lingua galega para seguir desfrutando da lectura na nosa lingua.

Aquí podedes ver algúns dos momentos máis divertidos e trasneiros desta visita.

📖 LETRAS GALEGAS 2026 📖

Hoxe no cole celebramos as Letras Galegas!

Entre palabras e música, inauguramos a nova Praza Begoña Caamaño, dedicada á escritora, xornalista e muller loitadora que sempre defendeu unha Galicia máis libre, máis xusta e máis feminista.

O alumnado de 6º de Primaria encargouse de poñerlle voz á celebración cun discurso cheo de sentimento no que nos descubriron unha Begoña máis próxima, rebelde e auténtica. Faláronnos dunha muller valente, desas que non deixan indiferente a ninguén.


E como nunha festa galega non pode faltar a música… cantamos Begoñísima, a fermosa homenaxe creada por Uxía xunto ás cantareiras de Malvela, unha canción alegre e poderosa que encheu a “praza” de ritmo e emoción.

Rematamos este acto cantando o Himno Galego, pechando así una xuntanza ben bonita.

Festival Escolar das Letras Galegas 2026

Con motivo da celebración das Letras Galegas, o alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria participou no Festival Escolar das Letras Galegas 2026, celebrado no Auditorio, xunto a outros centros da localidade.

Agasallaron aos espectadores e espectadoras con dúas representacións moi especiais relacionadas coa cultura galega e plenamente integradas dentro do noso proxecto de centro "En galego!".

O alumnado de 2º de Primaria sorprendeu ao público cunha emotiva dramatización centrada no mundo das palabras: "Os contadores das palabras perdidas". A través da interpretación, da expresión corporal e dunha posta en escena chea de sensibilidade, conseguiron transmitir a importancia da lingua, da comunicación e das emocións que agochan as palabras. Foi unha actuación moi agarimosa e coidada.

Pola súa banda, o alumnado de 4º de Primaria fixo gozar a todos cun sketch titulado “E ti, de quen ves sendo?”, xogando arredor desa frase tan nosa e tan galega cun toque de humor, espontaneidade e moita naturalidade.

Ambas actuacións deixaron claro que o talento para a dramatización tamén forma parte das nosas aulas.

O alumnado puxo o mellor de si e demostrou grandes habilidades para interpretar, expresarse no escenario e facer chegar ao público tanto a emoción como o humor.

Recomendacións lectoras para o mes de maio

Maio chega cargado de flores e de historias para descubrir!

Este mes propoñémosvos lecturas moi especiais para celebrar as nosas tradicións e as nosas letras:

Para traballar os maios:
📖 Maios e desmaios, unha lectura perfecta para mergullarse nesta fermosa tradición galega.

Polo Día das Letras Galegas e para coñecer á escritora homenaxeado Begoña Caamaño:
📖 Os fíos de Begoña
📖 Begoña ou o pracer da amizade

Animádevos a descubrilos, lelos… e, por suposto, pasade pola biblioteca para botarlles unha ollada e levalos en préstamo!

E non vos esquezades do reto lector! O desafío deste mes é ler unha obra en galego.



Agardámosvos entre andeis!

O TRASNO DAS LETRAS

Achégase o día das Letras Galegas e o noso Trasno das Letras enviou unha carta dende non sei que lugar do mundo propoñéndonos un novo reto.


Cumprimos o reto con éxito! Fixemos as nosas chapas e conseguimos un novo libro en galego para cada clase.


E así nos deixou o cole este Trasno fedello





DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano, o Día das Letras Galegas ás Cantareiras. As voces das mulleres galegas que reivindicaron a nosa lingua e tradición a través da música. 


En conmemoración, no noso centro organizamos diferentes actividades:

 Fixemos obradoiros de pandeireta tanto na clase de música como durante os recreos, iniciándonos nos ritmos básicos desta tradición:

  

Cumprimos con éxito a misión que nos encomendou o Trasno das Letras este ano. Inauguramos a tradicional Praza das Cantareiras no noso centro e o alumnado de sexto deleitounos cunha interpretación da canción "Tataravoa" do grupo Fillas de Cassandra.
E festexamos o noso día cunha romería, acompañados das mellores cantareiras, as nosas familias! Agasalladas cun pequeno obsequio feito coa nova impresora 3D.


O TRASNO DAS LETRAS

" Chega o día e o Trasno espera, a facer das súas polas Letras Galegas"

Este ano recibimos unha carta confidencial nas nosas aulas...Era o TRASNO DAS LETRAS! Se queríamos que nos deixase os seus agasallos debíamos deiaxr unha mensaxe en forma de verso. 

Así escribimos nós os nosos versos...






e así nos deixou o Trasno o cole!!! Aínda que como este ano está adicado ao cómic, de agasallo trouxo un par de cómics en galego para cada clase.



LETRAS GALEGAS 2024 LUÍSA VILLALTA

 Este ano, para conmemorar o día das letras galegas, traballamos no noso cole sobre Luísa Villalta e a súa obra. Os nenos e nenas de primaria realizaron dous xogos de pistas para coñecer máis á autora e a súa obra, e o alumnado de 3º empregou os diferentes recursos de polos creativos para facer un fermoso mural. Ademáis, dende a biblio, ofrecemos diferentes fondos para traballar a autora e a súa obra.






Ademais, na clase de música, o alumnado de infantil e primaria colaborou para crear diferentes caligramas sobre os instrumentos musicais, inspirándose no violín da autora e nos seus poemas visuais.

E xunto con estes traballos, o día das Letras Galegas, non podiamos conmemorar doutra forma que representando a bandeira de Galicia e cantando o noso himno, despois e inaugurar a praza adicada a autora deste ano. 






O TRASNO DAS LETRAS

 O Trasno das Letras está a chegar, por iso en galego temos que falar...

Chegan as Letras Galegas, e o Trasno chegou á Escardia. Os nenos e nenas do cole conseguiron completar o reto que lles propoñía o Trasno e por iso, teñen agora nas bibliotecas das súas aulas uns libros moi, moi chulos, pero... o Trasno non pasou polas aulas sen deixar a súa pegada.