Hoxe no cole celebramos as Letras Galegas!
Entre palabras e música, inauguramos a nova Praza Begoña Caamaño, dedicada á escritora, xornalista e muller loitadora que sempre defendeu unha Galicia máis libre, máis xusta e máis feminista.
O alumnado de 6º de Primaria encargouse de poñerlle voz á celebración cun discurso cheo de sentimento no que nos descubriron unha Begoña máis próxima, rebelde e auténtica. Faláronnos dunha muller valente, desas que non deixan indiferente a ninguén.
E como nunha festa galega non pode faltar a música… cantamos
BegoñÃsima, a fermosa homenaxe creada por UxÃa xunto ás cantareiras de
Malvela, unha canción alegre e poderosa que encheu a “praza” de ritmo e
emoción.
Rematamos este acto cantando o Himno Galego, pechando asà una xuntanza ben bonita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario