Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía. Mostrar todas las entradas

"Coñece a Rosalía": letras, arte e igualdade

No marco do programa Donas de si, o noso alumnado participou nunha enriquecedora actividade centrada na figura de Rosalía de Castro, unha das escritoras máis importantes da literatura galega e universal.

Ao longo da xornada, o alumnado tivo a oportunidade de achegarse á súa vida e obra, descubrindo curiosidades sobre a súa traxectoria persoal e literaria. A través dunha metodoloxía dinámica e participativa, coñeceron mellor o contexto no que viviu e o valor do seu legado na defensa da lingua e da identidade galega.

Ademais, o alumnado tivo a oportunidade de dar renda solta á súa creatividade realizando a súa propia ilustración de Rosalía, interpretando a súa figura dende unha mirada persoal e artística. Cada debuxo converteuse nun reflexo da imaxinación e da sensibilidade dos nenos e nenas, que puxeron en práctica as súas destrezas no debuxo con resultados moi orixinais e expresivos.

Esta xornada tamén serviu como espazo de reflexión sobre a igualdade entre mulleres e homes, destacando o papel fundamental de figuras femininas como Rosalía na historia. O alumnado amosou unha grande implicación e participación.

Sen dúbida, foi unha xornada na que aprender, crear e reflexionar foron da man.

🌹 23F. Celebramos o Día de Rosalía!🌹

Cada 23 de febreiro celebramos con orgullo o Día de Rosalía de Castro, unha das voces máis importantes da nosa literatura e símbolo da nosa lingua e identidade. Pero no cole non nos conformamos cun só día!

Ao longo de toda esta semana, e mesmo durante todo o mes de febrero, mergullámonos no seu universo poético: coñecemos os seus poemas, sentimos as súas palabras e descubrimos como a poesía pode emocionar, facer pensar… e tamén divertir!

🌼 “Polo Día de Rosalía que agrome a poesía” 🌼

Este foi o nome da actividade estrela da semana. E non puido ser máis fermosa!

O alumnado converteuse en xardineiro da palabra e puxo mans á obra para crear unha plantación moi especial. Cada nena e neno o aula elaborou unha flor única, diferente e chea de personalidade. Nas súas follas escribiron poemas de Rosalía ou inventados por eles e elas, deixando voar a súa imaxinación.

O resultado? Unha auténtica explosión de creatividade! Un xardín onde reinan as cores vivas e alegres, a imaxinación sen límites, as distintas técnicas plásticas e, por riba de todo, o amor pola poesía.

Cada flor é diferente, como cada poeta. Cada pétalo agocha palabras que emocionan. Cada talo sostén ilusión e esforzo.

Ademais, durante todo o mes de febreiro contamos tamén cun recuncho de lectura dedicado a Rosalía e á poesía. Un espazo preparado para convidar á calma, á lectura compartida e ao descubrimento de novos versos.


Libros de poesía, seleccións adaptadas ao alumnado, recomendacións lectoras… Todo disposto para que quen quixese puidese achegarse, sentar e deixar que a palabra poética fixese o resto.

E non só iso! Lembramos que o desafío de lectura mensual do “Reto lector” do mes de febrero encheu o noso centro de ritmo, musicalidade e emoción. Porque a poesía non só se le… tamén se escoita, se sente e se comparte.   

Ao longo destas semanas tamén levamos a cabo unha fermosa experiencia de apadriñamento/amadriñamento lector entre maiores e cativos/as.

Nesta ocasión, a temática non podía ser outra: a poesía.

Os maiores convertéronse en guías e modelos lectores, compartindo versos, explicando significados e acompañando aos máis pequenos na descuberta do ritmo e da musicalidade das palabras.

Foron momentos de complicidade, aprendizaxe compartida e moita emoción.

Celebrar o Día de Rosalía é celebrar a nosa lingua, a nosa cultura e a forza das palabras. Pero, sobre todo, é lembrar que a poesía pode agromar en calquera lugar… se a coidamos. E no noso cole, este ano, a poesía floreceu con máis forza ca nunca. 🌷✨

DÍA DE ROSALÍA

 Este ano, co noso proxecto Escardiáns polo mundo, no día de Rosalía de Castro traballamos os seus poemas referidos á imigración dos galegos e galegas polo mundo. 

Na biblio deixamos á vosa disposición un montón de recursos para traballar a figura de Rosalía e a súa obra. 

E aquí amosamos algúns dos traballos que fixo o alumnado:

O alumnado de 4º de primaria traballou a Rosalía a través dos circuitos:


E o alumnado de 5º e 6º mergullouse na viaxe cara a Habana:

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Bos días, Berberech@s!

Hoxe, 23 de febreiro, conmemoramos o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Todos e todas estivemos traballando moito sobre Rosalía e por iso, creamos un díptico informativo onde plasmamos todo o noso traballo.






E como temos o proxecto do universo, o alumnado de 3º e 4º recreou con E-textil a constelación na que se atopa a ESTRELA DE ROSALÍA.



Na clase de música tamén cantamos algunhas musicalizacións de poemas de Rosalía. Aquí podedes escoitalas:

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Hoxe, 24 de febreiro é o día de ROSALÍA DE CASTRO e, despois de moito traballar nas aulas sobre ela e a súa obra, quixemos homenaxeala con estas fantásticas actuacións.


As nenas e nenos de 1º de primaria quixeron amosarnos o ben que recitaron o poema Adiós ríos adiós fontes  con lingua de signos, unha forma inclusiva de achegar a poesía a todos e todas.



Fragmento do poema Has de cantar, recitado polo alumnado de 3 anos en lingua de signos:


 Has de cantar, recitado polo alumnado de 5º de primaria:

Negra Sombra, recitada polo alumnado de 6º de primaria:



Adiós ríos, adiós fontes, recitado polo alumnado de 4 anos en lingua de signos:


O alumnado de 1º e 2º de primaria interpretou a canción de Rosalía pequeniña, de Uxía, acompañada dunhas diapositivas onde o alumnado representaba as estrofas da canción.


Eu ben vin estar o moucho, interpretada polo alumnado de 5 anos:


Un repoludo gaiteiro, recitado polo alumnado de 4º de primaria:


E para rematar, un conxunto de estrofas pertencentes a diversos poemas de Rosalía, recitados polo alumnado de 3º de primaria, incluíndo tamén a lingua de signos:






DÍA DE ROSALÍA

 Bos días, Berberech@s!

Dentro de pouco vai ser o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, polo que na biblioteca, temos unha selección de libros para traballar a súa obra, musicalizacións dos seus poemas, biografía e moito máis.

DÍA DE ROSALÍA

 Bos días, Berberech@s!

Onte, 23 de febreiro foi o Día de ROSALÍA DE CASTRO, e dende o equipo de dinamización da lingua galega e o de biblioteca, preparamos unha actividade moi chula. Despois de moito traballo e a colaboración de todos e todas, creamos este mural con versos de Rosalía, onde cada clase depositou o seu vaso de zume de poesía, cos versos dos poemas traballados, pois despois de traballar a alimentación saudable, xa coñecemos a importancia de hidratarse correctamente e tomar froita a miúdo. Ademais, incluimos uns códigos QR (unha linguaxe coa que estamos cada vez máis familiarizados e da que tamén debemos facer lectura) cos que poderemos escoitar os poemas.


Déixovos tamén a selección de libros de Rosalía que temos na biblioteca!