Mostrando entradas con la etiqueta mochilas viaxeiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mochilas viaxeiras. Mostrar todas las entradas

🎒 Comeza a aventura polo Día das Bibliotecas Escolares!

As mochilas viaxeiras están preparadas para emprender unha nova viaxe cara aos vosos fogares, berberech@s!

Pero… Temos un pequeno problema! Durante as vacacións de verán, Saleta visitou distintas “bibliotecas de película” e esqueceu as mochilas nalgunha delas. Precisamos a vosa axuda para recuperalas!

Para conseguilo, teredes que superar unha serie de retos relacionados coas bibliotecas que visitou durante as vacacións e descubrir algúns dos seus segredos. Cada desafío resolto achegaravos un pouco máis á mochila viaxeira da vosa aula.

Estades preparados e preparadas para aceptar o reto?

Abride ben os ollos e os oídos, activade o voso enxeño e traballade en equipo. A aventura está a piques de comezar e as mochilas viaxeiras agardan por vós!

 

Que comece a misión: rescatar as mochilas viaxeiras! 🎒📖

 

Educación Infantil


1º ciclo de Educación Primaria

2º ciclo de Educación Primaria

3º ciclo de Educación Primaria

Aventuras entre libros no Día das Bibliotecas Escolares 📚

Hoxe é un día moi especial, pois celebramos o Día das Bibliotecas Escolares! 

Como cada ano, as nosas "mochilas viaxeiras" están listas para comezar o seu percorrido polos fogares do noso alumnado. Pero atención, non será tan doado conseguilas!

Antes, o alumnado enfrontarase a unha serie de desafíos misteriosos cos que coñecerá algunhas das bibliotecas máis curiosas de Galicia.

Velaquí os retos!

Educación Infantil:

 

Educación Primaria:

Bo traballo, berberech@s! Sabía que o conseguiríades!  

 
Dentro das mochilas atoparán libros marabillosos, propostas lectoras para compartir en familia e moitas sorpresas para facer da lectura un momento especial na casa.

Cada semana, unha nova familia será parte desta aventura.

A mochila viaxa, pero as historias quedan connosco para sempre!

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O 24 de outubro é o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e en BiblioSaleta aventurámonos a coñecer outras bibliotecas do mundo, descubrindo un montón de cousas interesantes. Ademais, nestas bibliotecas, tivemos que resolver unha serie de retos, traballando a CDU, para atopar os libros que forman as nosas mochilas viaxeiras deste curso.




Reto conseguido!

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Bo día, Escardiáns da Galaxia!

O pasado 24 de outubro foi o día das Bibliotecas Escolares e para conmemoralo, dende Bibliosaleta fixemos un xogo de pistas co que traballamos a organización da biblioteca e a formación de usuario do noso alumnado.















MOCHILAS VIAXEIRAS

 O alumnado de 5 anos xa rematou coa mochila viaxeira deste curso así como tamén comeza a devolver as bolsas de préstamo despois de desfrutar un montón coas lecturas na casa.


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Hoxe desfrutamos na biblioteca cunhas actividades que nos preparou Saleta para coñecer máis a CDU e...como conseguimos superar todas as probas...CONSEGUIMOS AS MOCHILAS VIAXEIRAS DESTE ANO!!









CADERNOS VIAXEIROS

 Unha vez rematado o curso, recollemos as mochilas viaxeiras e vemos todos os debuxos e comentarios dos cadernos viaxeiros deste curso. Mirade que chulos!

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Bos días, berberech@s!

O día 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares, e por iso, fixemos con Saleta varias actividades para coñecer mellor a nosa biblio.

Para rematar este día especial, retomamos este curso a actividade das MOCHILAS VIAXEIRAS!


Ademais, este día entregamos os premios do concurso de relatos, conxuros, feitizos e debuxos terroríficos de Samaín!