As mochilas viaxeiras están preparadas para emprender unha nova viaxe cara aos vosos fogares, berberech@s!
Pero… Temos un pequeno problema! Durante as vacacións de verán, Saleta visitou
distintas “bibliotecas de pelÃcula” e esqueceu as mochilas nalgunha delas. Precisamos
a vosa axuda para recuperalas!
Para
conseguilo, teredes que superar unha serie de retos relacionados coas
bibliotecas que visitou durante as vacacións e descubrir algúns dos seus
segredos. Cada desafÃo resolto achegaravos un pouco máis á mochila viaxeira da
vosa aula.
Estades
preparados e preparadas para aceptar o reto?
Abride
ben os ollos e os oÃdos, activade o voso enxeño e traballade en equipo. A aventura
está a piques de comezar e as mochilas viaxeiras agardan por vós!
Que
comece a misión: rescatar as mochilas viaxeiras! 🎒📖
Educación Infantil
1º ciclo de Educación Primaria
2º ciclo de Educación Primaria
3º ciclo de Educación Primaria
No hay comentarios:
Publicar un comentario