Dentro do noso proxecto de centro "Un curso de película", o alumnado de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Educación Primaria viviu unha mañá moi especial achegándose ao fascinante mundo do cine e da animación.
Durante a visita ao Curtas, Festival do Imaxinario, descubrimos como nacen as películas a través de exposicións, debuxos, bosquexos e storyboards, coñecendo un pouquiño mellor o traballo que hai detrás da maxia da gran pantalla.
Tamén experimentamos coa ilusión do movemento creando ilusións ópticas cun taumatropo e gozamos dunha viaxe polos primeiros pasos do cine da man de Georges Méliès e a súa película Viaxe á Lúa.
Unha experiencia breve, pero chea de descubrimentos, curiosidade e imaxinación, que nos permitiu aprender que, detrás de cada película, hai moita creatividade e unha chea de historias por contar.
Seguimos facendo do noso curso unha auténtica película! 🎞️💫

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario